Ángel Abal Padín
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de outubro de 1916 Padrenda |
| Morte | século XX |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, político |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Familia | |
| Irmáns | Segundo Abal Padín |
Ángel Abal Padín,[1] nado en Padrenda (Meaño) o 16 de outubro de 1916, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ángel Abal Varela e irmán de Segundo Abal Padín. Mestre. Membro da FETE-UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado mestre interino da Illa de Arousa en setembro.[2] Fuxiu a Portugal onde foi detido o 3 de agosto de 1937 e foi repatriado o 18 de agosto.[3] Logrou chegar a Buenos Aires e retornou á zona leal en xaneiro de 1938 e ingresou na Defensa Especial Contra Avións (DECA) onde prestou servizos na zona Centro e Levante. Foi miliciano da Cultura.[4] Coa derrota da República exiliouse no norte de África onde estivo internado no campo de Benchicao (daquela no departamento de Alxer) e exerceu como secretario do Comité do PSOE nese campo.[5] Conseguiu marchar a México no vapor Serpa Pinto,[6] arribando ao porto de Veracruz o 16 de novembro de 1941.[7] Traballou nunha xastrería. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[8] Despois trasladouse a Uruguai onde foi secretario do PSOE en 1945. Foi expulsado do PSOE en 1946.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunhas fontes o seu primeiro apelido aparece trascrito como Abad.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 12-9-1936, p. 2.
- ↑ "Ángel Abal Padín". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2025. Consultado o 29 de novembro de 2024.
- ↑ Col·lecció de fitxes d’inscripció a les Milícies de la Cultura
- ↑ El exilio republicano en el norte de África
- ↑ Lista de los pasajeros del Serpa Pinto
- ↑ Ficha en Registro Nacional de Extranjeros en México
- ↑ BOE, 2-1-1942, p. 41.