Ángel Álvarez Mendoza
Ángel Álvarez Mendoza | |
---|---|
Nacemento | 1873 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 12 de xaneiro de 1957 |
Lugar de falecemento | Cornudilla |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Álvarez Mendoza, nado en Madrid en 1873 e finado en Cornudilla (Burgos) o 12 de xaneiro de 1957[1], foi un avogado e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi avogado no bufete de Eugenio Montero Ríos e despois no de Manuel García Prieto. Como membro do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Castrojeriz (Burgos) nas eleccións de 1905, e nas eleccións de 1910 polo distrito de Lalín. Continuou como deputado por Lalín nas sucesivas eleccións ata 1919. Foi Subsecretario de Instrución Pública (1913) e Subsecretario de Gobernación (1916).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carolina Sanjurjo Lirón.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.