Álvaro Núñez Cobo
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de xullo de 2000 Bilbao | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,74 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Álvaro Núñez Cobo, nado en Bilbao o 7 de xullo de 2000, é un futbolista vasco que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Celta de Vigo da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Athletic Club
[editar | editar a fonte]Núñez comezou xogando na base do Club Deportivo Sondika e en 2010 incorporouse ás categorías inferiores do Athletic Club. O 19 de xuño de 2018, tras finalizar a súa formación deportiva, Núñez foi promovido ao segundo filial do Athletic, o Club Deportivo Basconia da Terceira División.[1] O seu debut sénior tivo lugar o 26 de agosto dese ano ante a Sociedad Deportiva Deusto.
En maio de 2019, tras múltiples titularidades co Basconia, Núñez foi asignado ao Bilbao Athletic da Segunda División B.[2] A súa primeira participación tivo lugar o 26 de xaneiro de 2020, cando foi subtituto de Jesús Areso nunha vitoria por 1-0 ante a Cultural y Deportiva Leonesa. Núñez xogou dúas tempadas máis co club vasco e anunciou a súa saída o 8 de xuño de 2022.[3]
Barcelona
[editar | editar a fonte]O 6 de xullo de 2022 anunciouse a fichaxe de Álvaro Núñez polo Fútbol Club Barcelona por un ano, sendo asignado ao Barcelona Atlètic da Primeira Federación.[4] A pesar de ser titular habitual durante a tempada 2022/23, en xuño de 2023 rexeitou unha renovación de contrato co club catalán.[5]
Amorebieta
[editar | editar a fonte]O 14 de xullo de 2023, Núñez pasou a formar parte da Sociedad Deportiva Amorebieta da Segunda División.[6] Núñez debutou como profesional o 21 de agosto dese ano, cando entrou como substituto de Jorge Mier nun partido ante o Albacete Balompié.[7] O 3 de setembro anotou o seu primeiro gol profesional contra o RCD Espanyol.
Elche
[editar | editar a fonte]O 27 de xuño de 2024, tras o descenso do Amorebieta, Álvaro Núñez asinou un novo contrato co Elche Club de Fútbol, tamén na segunda categoría.[8] Durante a tempada 2024/25 sumou un total 2 goles en 37 participacións e contribuíu ao ascenso á Primeira División. O 18 de agosto de 2025 debutou na máxima categoría como titular nun empate por 1-1 ante o Real Betis.
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]O 2 de febreiro de 2026 anunciouse a fichaxe de Núñez polo Celta de Vigo cun contrato de catro anos e medio.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Carlos Núñez Ortega, o pai de Álvaro, tamén foi futbolista nas décadas de 1980 e 1990 e xogou con equipos da Segunda División B como o Bilbao Athletic e a Sociedad Deportiva Lemona.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CD Basconia’s new players" (en inglés). Athletic Club. 19 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "Nine Basconia players will play the preseason with Bilbao Athletic" (en inglés). Athletic Club. 27 de maio de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "Bajas en el Bilbao Athletic y Basconia" (en castelán). Athletic Club. 8 de xuño de 2022. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "Álvaro Núñez, nou jugador blaugrana" (en catalán). FC Barcelona. 6 de xullo de 2022. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "Álvaro Núñez vuelve a volar solo" (en castelán). Diario AS. 15 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "Álvaro Núñez, nuevo futbolista azul" (en castelán). SD Amorebieta. 14 de xullo de 2023. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "La locura se apodera del Belmonte" (en castelán). Marca. 21 de agosto de 2023. Consultado o 22 de agosto de 2023.
- ↑ "Álvaro Núñez se convierte en el primer fichaje del Elche CF" (en castelán). Elche CF. 27 de xuño de 2024. Consultado o 5 de xullo de 2024.
- ↑ "Álvaro Núñez firma por el Celta hasta 2030" (en castelán). Celta de Vigo. 2 de febreiro de 2026. Consultado o 3 de febreiro de 2026.
- ↑ "Carlos Núñez Ortega". BDFutbol.com (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álvaro Núñez en LaPreferente.com