Saltar ao contido

Álvaro Fernández Llorente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro Fernández Llorente
Biografía
Nacemento13 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Arnedo Editar o valor en Wikidata
Altura1,86 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2014 CD Arnedo
2014–2015 CA Osasuna
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014 CD Arnedo
2014–2017   Osasuna Promesas 45(0)
2016–2017   CA Osasuna 1(0)
2017–2018 AS Monaco FC 0(0)
2018–2019   Extremadura Unión Deportiva 18(0)
2019–2024 Sociedad Deportiva Huesca 90(0)
2021–2022 cesión Brentford F.C. 16(0)
2022–2023 cesión   RCD Espanyol 12(0)
2024–2025   Sevilla FC 11(0)
2026–   Deportivo da Coruña
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2016   España sub-18 2(0)
2016–2016   España sub-20 5(0)
2016–2017   España sub-19 4(0)
2019–2021   España sub-21 10(0)
2021–   España 1(0)
2021–2021   España sub-23 1(0)

UEFA: 250105823 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Fernández Llorente, tamén coñecido como Álvaro Ferllo, nado en Arnedo o 13 de abril de 1998, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do CD Arnedo da súa vila natal e entre os 7 e os 14 anos foi convocado habitualmente polas categorías inferiores da Real Sociedad para disputar diferentes torneos.[1] Con só 15 anos debutou co primeiro equipo do Arnedo na Terceira División, nun encontro ante o River Ebro.[2]

No verán de 2014 fichou polo equipo xuvenil de Osasuna e o 12 de abril de 2015 debutou co equipo filial na Terceira División, saíndo como titular nun empate a un gol contra o Izarra. Tras conseguir o ascenso á Segunda División B e asentado na titularidade, o 25 de setembro de 2016 debutou co primeiro equipo de Osasuna na Primeira División, substituíndo ao lesionado Mario Fernández na segunda metade dunha derrota por 3-1 contra o Villarreal.[3]

O 11 de xullo de 2017 asinou un contrato de tres anos co Monaco, da Ligue 1 de Francia. Con todo, só xogou co equipo filial, regresando a España o 7 de agosto de 2018, tras aceptar unha cesión por un ano ao Extremadura UD. No conxunto de Almendralexo comezou a tempada como suplente, ata que lle arrebatou a titularidade a Manu García a partir da oitava xornada. Porén, a fichaxe do veterano Casto Espinosa en xaneiro relegouno de novo ao banco de suplentes.[4]

En xuño de 2019 desvencellouse do Monaco e asinou un contrato de tres anos co Huesca, que viña de descender á Segunda División.[5] Ás ordes de Míchel, disputou completos 36 dos 42 partidos da tempada, contribuíu ao regreso do club á Primeira División.

O 17 de agosto de 2021 anunciouse a súa cesión por un ano ao Brentford, da Premier League, con opción de compra ao remate da tempada 2021/22. No club inglés estivo á sombra doutro gardameta español, David Raya, e cando este se lesionou en outubro pasou a ocupar a titularidade. Con todo, en xaneiro o adestrador dinamarqués Thomas Frank, decidiu apostar polo seu compatriota Lössl para ocupar a portería ata a recuperación de Raya.[6] Pechou o seu paso polo Brentford Community Stadium cun total de 12 partidos na Premier League e 4 na EFL Cup.

O Brentford non exerceu a súa opción de compra sobre o xogador, polo que para a tempada 2022/23 foi cedido ao Espanyol, da Primeira División. Na primeira parte da tempada, o adestrador galego Diego Martínez alternou na portería a Álvaro Fernández, Benjamin Lecomte e Joan García, ata que a incorporación de Fernando Pacheco no mercado invernal relegou os tres á suplencia.[7] Acabou a campaña cun total de 11 partidos na liga e un na Copa do Rei.

Para a tempada 2023/24 regresou ao Huesca, desta vez na Segunda División. Iniciou a tempada co Cuco Ziganda como adestrador, sendo este substituído por Antonio Hidalgo en outubro, e foi o gardameta elixido por ambos técnicos, polo que disputou os 42 partidos de liga, deixando en 20 deles a portería a cero.[8]

O 13 de agosto de 2024 asinou un contrato dun ano co Sevilla. No conxunto andaluz foi suplente do noruegués Ørjan Nyland, pero unha lesión de ligamentos deste permitiulle a Álvaro Fernández pechar a tempada cun total de 11 encontros disputados.[9] Aínda que renovou co Sevilla por dúas campañas máis, na 2025/26 pasou a ocupar o papel de terceiro gardameta, por detrás de Nyland e o grego Odisseas Vlachodimos, polo que en decembro de 2025 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e asinar como novo xogador do Deportivo da Coruña, da Segunda División.[10]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Representou a España en varias categorías inferiores até a selección sub-21, sendo o porteiro titular na Eurocopa Sub-21 de 2021. Debido ao illamento dalgúns xogadores da selección absoluta tras dar positivo nunha proba de COVID-19 o centrocampista Sergio Busquets, o equipo sub-21 de España foi convocado para substituír a absoluta nun partido amigable internacional contra Lituania o 8 de xuño de 2021. Ferllo debutou neste encontro, que terminou nunha vitoria por 4-0, e converteuse no primeiro xogador internacional na historia do Huesca.

Ese mesmo ano foi convocado por Luis de la Fuente para participar nos Xogos Olímpicos de Toquio de 2020. Aínda que non chegou a debutar no torneo, sendo o porteiro titular Unai Simón,​ regresou do Xapón coa medalla de prata despois de que o equipo perdese a final por 2-1 ante o Brasil.[11]

  1. Parcero, Bruno (1 de maio de 2021). "Álvaro Fernández: “A la Real le tengo un cariño especial”". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  2. "El joven futbolista arnedano Álvaro Fernández Llorente avanza un paso de gigante y ficha por el Mónaco hasta junio de 2020" (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  3. "Álvaro Fernández, de 18 años, debuta en Primera por la lesión de Mario". Marca (en castelán). 25 de setembro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  4. "Capítulo XIII ¿Qué fue de Álvaro Fernández?" (en castelán). 28 de maio de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  5. "Álvaro Fernández, nuevo portero de la SD Huesca" (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  6. "El Brentford da por concluida la cesión de Álvaro Fernández, portero de la SD Huesca" (en castelán). 24 de maio de 2022. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  7. "El nuevo giro de la portería". As (en castelán). 9 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  8. "EL GUARDAMETA ÁLVARO FERNÁNDEZ, SÉPTIMA INCORPORACIÓN DEL SEVILLA FC" (en castelán). 13 de agosto de 2024. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  9. "Nyland o Álvaro Fernández, debate de año nuevo en el Sevilla" (en castelán). 30 de decembro de 2024. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  10. "El portero Álvaro Fernández deja el Sevilla para fichar por el Deportivo" (en castelán). 31 de decembro de 2025. Consultado o 6 de xaneiro de 2026. 
  11. "El portero Álvaro Fernández ya luce su medalla de plata" (en castelán). 9 de agosto de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2026.