Álvaro Feijoo-Montenegro Fernández
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de setembro de 1951 Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Álvaro Feijoo-Montenegro Fernández, nado en Ourense o 9 de setembro de 1951, é un exfutbolista galego, coñecido como Montenegro. Xogaba de dianteiro e centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do CD Ourense. Na tempada 1968-69 foi o máximo goleador do equipo xuvenil, que acadou o campionato rexional, e en maio de 1969 debutou co filial ourensán.[1] Na tempada 1969-70 xogou na Terceira división española co Atlético Orense. A pesar de que o equipo descendeu a Serie A, Montenegro foi chamado para xogar coa selección galega xuvenil.[2][3]
Na tempada 1972-73 pasou ao primeiro equipo do CD Ourense,[4] e acadou o ascenso de terceira a segunda división.[5] En 1974, mentres facía o servizo militar en Cádiz, fichou polo Racing de Santander,[6][7] e na tempada 1974-75 o equipo logrou ascender de segunda a primeira división. Ao ano seguinte xogou de novo en segunda con Gimnàstic de Tarragona, que quedou de último. Pasou entón ao Gimnástica de Torrelavega, de terceira división, cedido polo Racing de Santander. No verán de 1977 estivo a proba no Celta de Vigo,[8] mais finalmente na tempada 1977-78 xogou coa UE Lleida en segunda B,[9] e na tempada seguinte pasou ao Gimnástico Melilla de terceira división. En 1979 regresou ao CD Ourense, de segunda B. O equipo descendeu a terceira e Montenegro xogou tres anos máis nesa categoría até a súa retirada en 1983.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un decisivo Atlético Orense-Praviano". El Pueblo Gallego (en castelán). 24 de maio de 1969. p. 13.
- ↑ "La Selección Gallega de Juveniles jugará contra el At. Pontevedrés". El Progreso (en castelán). 16 de decembro de 1969. p. 5.
- ↑ "Jugadores que integran la selección gallega de juveniles". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de febreiro de 1970. p. 16.
- ↑ Milucho (24 de novembro de 1972). "ORENSE: Que no se rompa la «campaña milagro»". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 14.
- ↑ Milucho (27 de xullo de 1973). "El ORENSE, estrena categoría". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 12.
- ↑ "Montenegro al Racing de Santander". El Pueblo Gallego (en castelán). 23 de xuño de 1974. p. 19.
- ↑ "Montenegro, del Orense, al Racing de Santander". El Progreso (en castelán). 23 de xuño de 1974. p. 11.
- ↑ "Nani, ya viste de celeste. Montenegro, a prueba". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de agosto de 1977. p. 27.
- ↑ "Nuevos fichajes del Lérida". El Progreso (en castelán). 23 de agosto de 1977. p. 22.