Saltar ao contido

Álex Lizancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlex Lizancos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Alejandro "Álex" Lizancos Saldaña, nado en Granada o 14 de setembro de 2003, é un futbolista andaluz que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Burgos Club de Fútbol da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lizancos comezou a súa carreira deportiva nas categorías inferiores de diferentes equipos locais: Granada 74 CF, CD Ciudad de Granada, Granada Club de Fútbol, Atarfe Industrial e CD Santa Fe.[1] En 2022, tras finalizar a súa formación, pasou a formar parte do Club Deportivo Huétor Vega da Terceira División.[2]

No ano 2023 Lizancos fichou polo Club Deportivo Lugo e foi asignado inicialmente ao Polvorín Fútbol Club.[3] O 1 de xuño de 2024, despois de catro participacións no primeiro equipo, renovou contrato co club lucense e foi promovido permanentemente ao CD Lugo na Primeira Federación.[4] Na tempada 2024/25 disputou 40 partidos e xogou un papel fundamental para evitar o descenso do equipo galego.[5]

O 15 de xullo de 2025 anunciouse oficialmente o traspaso de Lizancos ao Burgos Club de Fútbol da Segunda División cun contrato por catro anos.[6][7] O debut profesional de Lizancos tivo lugar o 15 de agosto de 2025, cando entrou como substituto de Anderson Arroyo nunha vitoria por 5-1 contra a Cultural y Deportiva Leonesa.[8]

  1. "Lizancos: "Tenemos que seguir con este juego, ganar y sumar de tres, no merecer más o menos"" (en castelán). El Progreso. 27 de febreiro de 2025. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  2. "Álex Lizancos, un seguro en el lateral para el Lugo" (en castelán). El Progreso. 4 de setembro de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  3. "Álex Lizancos, futbolista del Lugo: «Te la juegas al estar lejos de casa, pero mi objetivo era el primer equipo»" (en castelán). La Voz de Galicia. 18 de novembro de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  4. "Álex Lizancos renueva y promociona al primer equipo" (en castelán). CD Lugo. 1 de xuño de 2024. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  5. "Álex Lizancos jugará en el Burgos" (en castelán). La Voz de Galicia. 14 de xullo de 2025. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  6. "Álex Lizancos, un muro infranqueable para la banda derecha del Burgos CF" (en castelán). Burgos CF. 15 de xullo de 2025. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  7. "El Lugo hace oficial la venta de Lizancos, que dejará unos 200.000 euros en caja" (en castelán). El Progreso. 15 de xullo de 2025. Consultado o 18 de xullo de 2025.
  8. "El Burgos amarga el regreso de la Cultural a Segunda" (en castelán). Diario AS. 15 de agosto de 2025. Consultado o 15 de agosto de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]