África Setentrional Italiana
A África Setentrional Italiana (ASI) era o conxunto das colonias italianas e dos territorios controlados polo Reino de Italia na África do Norte desde 1911 até o fin da segunda guerra mundial.
A diferenza da África Oriental Italiana, non era unha entidade administrativa, senón que indicaba simplemente a administración italiana nos territorios norteafricanos controlados por este país.
Historia
[editar | editar a fonte]Nunha primeira fase, tras a guerra italo-turca de 1911, os territorios conquistados ao imperio Otomán foron organizados nas dúas colonias da Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. Ambas as colonias foron reunidas en 1934 nun único goberno, o da Libia italiana. Finalmente, en 1939, Mussolini uniu as catro provincias costeiras de Libia ao territorio metropolitano italiano, costituíndo así a chamada "Quarta Sponda" (cuarta parte) italiana, máis alá das tres da península. Isto marcaría o límite sur de Italia. O máximo soño musoliniano foi gañar a "Quinta Sponda" no Adriático, coa provincia de Liubliana, a gobernación de Dalmacia, a ocupación italiana de Montenegro e a Albania italiana.[1]
De 1940 a 1943 Italia intentou ampliar a ASI conquistando Exipto e Tunisia. De feito, o progreso militar do Eixe, ao mando de Erwin Rommel, permitiu aos italianos reclamar partes significativas do Exipto occidental.
Tras o armisticio de Vila Incisa, que puxo fin á batalla dos Alpes occidentais, e a posterior ocupación italiana da Francia meridional, Mussolini pediu a incorporación de Tunisia, xunto coa Somalia francesa, Córsega e Niza.[2]
Porén, as tropas italianas non entraron en Tunisia até novembro de 1942 cando, coa axuda da tropas alemás de Rommel, substituíron a administración colonial do réxime de Vichy. Tunisia foi engadida administrativamente á "Quarta Sponda" italiana.[3]
A administración italiana no Norte de África acabou o 13 de maio de 1943, coa rendición das forzas armadas italo-alemás en Tunisia. Tunisia foi o último territorio administrado de facto polos italianos até a súa ocupación completa polas forzas estadounidenses e británicas. En maio de 1943 os aliados, vencedores da campaña de Tunisia, devolveron todo o territorio a Francia, cuxas autoridades coloniais pecharon todas as escolas e os xornais italianos.[4]
Colonias e territorios da África Setentrional Italiana
[editar | editar a fonte]Desde o fin da guerra italo-turca até 1934 a ASI estaba constituída pola Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. En 1934 as dúas colonias foron reunidas na Libia italiana, dividida en 1937 en catro provincias. En 1939 as catro provincias costeiras foron unidas ao territorio metropolitano italiano, mentres que o Territorio Militar do Sur permaneceu baixo o control das forzas armadas italianas.
.Lenda do mapa:
1912 - Do Impero Otomán - Segundo o Tratado de Lausana 1919 - Da Alxeria francesa e da África Occidental Francesa - Segundo o Tratado de Versalles 1923 - De jure do Imperio Otomán - Segundo o Tratado de Lausana - 1931 - De facto de Senussi - Seguido da conquista italiana de Cufra 1926 - De Exipto - En compensación á participación na primeira guerra mundial 1934 - Do Sudán Anglo-Exipcio - En compensación á participación na primeira guerra mundial 1935 - Da África Ecuatorial Francesa - Segundo o Acordo franco-italiano en compensación á participación na primeira guerra mundial - non ratificado
1911-1934
[editar | editar a fonte]- Colonia da Tripolitania italiana
- Colonia da Cirenaica italiana
1934-1939
[editar | editar a fonte]1939-1940
[editar | editar a fonte]- Provincia de Trípoli
- Provincia de Bengasi
- Provincia de Derna
- Provincia de Misurata
- Territorio Militar do Sur
1940-1943
[editar | editar a fonte]- Provincia de Tripoli
- Provincia de Bengasi
- Provincia de Derna
- Provincia de Misurata
- Territorio Militar do Sur
- Exipto occidental
- Tunisia (17 de novembro de 1942 - 13 de maio de 1943)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Trípoli
-
Misurata
-
Bengasi
-
Derna
-
Territorio Militar do Sur
-
Invasión de Exipto en setembro de 1940
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: África Setentrional Italiana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ascoli, Max, edit. (1998): Benito Mussolini: My Rise And Fall, Volumes 1-2. Con achegas de Richard Washburn Child e Richard Lamb. Nova York, USA: Perseus Books Group. ISBN 978-0-3068-0864-7.
- Moore, Martin, Fourth Shore: Italy's Mass Colonization of Libya, "African Affairs" XXXIX (CLV): 129-133.
- Knox, MacGregor (1986): Mussolini Unleashed, 1939-1941: Politics and Strategy in Fascist Italy's Last War. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-5213-3835-2.
- Watson, Bruce Allen (1999): Exit Rommel: The Tunisian Campaign, 1942-43. Mechanisburg, Pensilvania, USA: Stackpole Books. ISBN 978-0- 8117-3381-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Associazione Italiani Rimpatriati dalla Libia (en italiano).
- Fotografías da Libia italiana.
- "The Italian Conquest of Lybia 1921-1931". cartoko.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 02 de maio de 2017. Arquivado 21 de xullo de 2012 en Archive.is (en castelán)
- Loschi, Chiara (2011): "Fuori dal regime fascista: organizzazioni politiche degli italiani a Tripoli durante la fase postcoloniale (1948-1951)", Diacronie. Studi di Storia Contemporanea, Nº5, 1.
- Álbum colonial Fotografías de Libia no tempo da colonia.