Ácido tricosanoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ácido tricosílico»)
Ácido tricosanoico
Identificadores
PubChem 17085
ChemSpider 16170
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C23H46O2
Masa molar 354,61 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido tricosanoico ou ácido tricosílico é un ácido graxo de cadea liñal de 23 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
23
H
46
O
2
, que se simboliza por C23:0.

O ácido tricosanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 77–79 °C. Cristaliza no sistema monoclínico, grupo espacial P21/a e a súa cela elemental ten os seguintes valores: a = 9,4882 Å, b = 4,9574 Å, c = 65,2342 Å, α = 90°, β =127.6252° e γ = 90°.[1] A presión reducida de 1 mm de Hg ferve a 203–205 °C. O seu índice de refracción é de 1,4252 a 70 °C. Non é soluble en auga. É moi soluble en dietiléter e lixeiramente soluble en etanol.[2]

Na natureza atópase no aceite de cacahuete e na cera das follas de oliveira.[2] É o ácido graxo insaturado máis abondoso nas follas (25,4 %) e talo (26,8 %) da planta Sonneratia alba, unha árbore dos mangleiros.[3] Identificouse en peixes constituíndo un 2,7 % dos ácidos graxos do tiburón Chiloscyllium griseum; o 3,20 % dos de Paramonacanthus nipponensis; o 2,54 % dos de Gymnothorax favagineus; e o 1,12 % dos de Dasyatis zugei.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gbabode , G .; Négrier , P .; Mondieig , D .; Moreno Calvo , E .; Calvet , T. Structures of the High-Temperature Solid Phases of the Odd-Numbered Fatty Acids from Tridecanoic Acid to Tricosanoic Acid. Chemistry - A European Journal , 13, 11, 05-04-2007, p. 3150-3159. doi 10.1002 / chem.200600955 . ISSN : 1521-3765 .
  2. 2,0 2,1 LipidBank - Fatty acid(DFA0023) Arquivado 10 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. lipidbank.jp. [Consultado: 17 de outubro de 2018].
  3. Priya D., P. et al. Sonneratia alba j. smith: a vital source of gamma linolenic acid (GLA). Asian J. Pharm. Clin. Res., 5, 2012, páx. 172-175.
  4. Ajeeshkumar, K.K. et al. Biochemical Composition and Heavy Metal Content of Selected Marine Fish from the Gulf of Mannar, India. Fishery Technology, 52, 2015, páx. 164-169.