Ácido lactobiónico
| Ácido lactobiónico | |
|---|---|
Ácido (2R,3R,4R)-2,3,5,6-tetrahidroxi-4-[ [(2S,3R,4S,5R,6R)-3,4,5-trihidroxi-6-(hidroximetil)-2-tetrahidropiranil]oxi]hexanoico | |
Outros nomes Galactosylgluconic acid | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 96-82-2 |
| PubChem | 7314 |
| ChemSpider | 7040 |
| UNII | 65R938S4DV |
| ChEBI | CHEBI:55481 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C12H22O12 |
| Masa molar | 358,30 g mol−1 |
| Aspecto | Xarope[1] |
| Solubilidade en auga | Libremente soluble[1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O ácido lactobiónico (ácido 4-O-β-galactopiranosil-D-glicónico) é un azucre ácido. É un disacárido formado por ácido glicónico e galactosa. Pode orixinarse por oxidación da lactosa. O anión carboxilato do ácido lactobiónico denomínase lactobionato.
Como ácido que é, o ácido lactobiónico pode formar sales con catións minerais como o calcio, potasio, sodio e zinc. O lactobionato de calcio é un aditivo alimentario usado como estabilizador. O lactobionato de potasio engádese para a conservación de solucións de órganos en forma de Viaspan ou CoStorSol para proporcionar soporte osmótico e impedir o inchamento das células. Os sales minerais do ácido lactobiónico tamén se usan para a suplementación de minerais.
O ácido lactobiónico tamén se usa na industria cosmética como antioxidante[2] e na industria farmacéutica como excipiente para formulacións farmacéuticas. Por exemplo, o antibiótico eritromicina utilízase como o sal lactobionato de eritromicina cando se administra por vía intravenosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Merck Index, 11ª edción, 5219
- ↑ Tasic-Kostov, M.; Pavlovic, D.; Lukic, M.; Jaksic, I.; Arsic, I.; Savic, S. (2012-10-12). "Lactobionic acid as antioxidant and moisturizing active in alkyl polyglucoside-based topical emulsions: the colloidal structure, stability and efficacy evaluation". International Journal of Cosmetic Science 34 (5): 424–434. ISSN 1468-2494. PMID 22691034. doi:10.1111/j.1468-2494.2012.00732.x.
