Ácido graxo de cadea curta
Os ácidos graxos de cadea curta (AGCC ou, polas súas siglas en inglés, SCFA) son ácidos graxos de 2 a 6 átomos de carbono.[1] Non obstante, o límite inferior de tamaño para estes ácidos varía segundo as fontes. Derivan da fermentación microbiana intestinal da comida indixerible, e no caso do intestino humano estes ácidos son os ácidos acético, propiónico e butírico. O butirato é a principal fonte de enerxía dos colonocitos, o que fai que sexa fundamental para a saúde gastrointestinal.[1][2] Todos os ácidos graxos de cadea curta posúen varios graos de hidrosolubilidade, o cal os distingue dos ácidos graxos de cadea longa, os cales son inmiscibles.
Lista de ácidos graxos de cadea curta
[editar | editar a fonte]| Número lipídico | Nome | Nome do sal/éster | Fórmula | Masa (g/mol) |
Diagrama | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Común | Sisemático | Común | Sistemático | Molecular | Estrutural | |||
| C2:0 | Ácido acético | Ácido etanoico | Acetato | Etanoato | C 2H 4O 2 |
CH 3COOH |
60,05 | |
| C3:0 | Ácido propiónico | Ácido propanoico | Propionato | Propanoato | C 3H 6O 2 |
CH 3CH 2COOH |
74,08 | |
| C4:0 | Ácido butírico | Ácido butanoico | Butirato | Butanoato | C 4H 8O 2 |
CH 3(CH 2) 2COOH |
88,11 | |
| C4:0 | Ácido isobutírico | Ácido 2-metilpropanoico | Isobutirato | 2-Metilpropanoato | C 4H 8O 2 |
(CH 3) 2CHCOOH |
88,11 | |
| C5:0 | Ácido valérico | Ácido pentanoico | Valerato | Pentanoato | C 5H 10O 2 |
CH 3(CH 2) 3COOH |
102,13 | |
| C5:0 | Ácido isovalérico | Ácido 3-metilbutanoico | Isovalerato | 3-Metilbutanoato | C 5H 10O 2 |
(CH 3) 2CHCH 2COOH |
102,13 | |
| C5:0 | Ácido 2-metilbutírico | Ácido 2-metilbutanoico | 2-Metilbutanoato | 2-Metilbutanoato | C 5H 10O 2 |
CH 3CH 2CH(CH 3)COOH |
102,13 | |
Funcións
[editar | editar a fonte]Os ácidos graxos de cadea curta prodúcense cando se fermenta a fibra alimentaria no colon pola acción bacteriana.[1][3] O acetato, propionato e butirato son os ácidos graxos de cadea curta máis comúns.[3] Os ácidos graxos de cadea curta e de cadea media son principalmente absorbidos a través da vea porta durante a dixestión dos lípidos,[4] mentres que os ácidos graxos de cadea longa son empaquetados en quilomicróns, entran nos capilares linfáticos, e despois transfírense ao sangue na vea subclavia.[1]
Os ácidos graxos de cadea curta teñen diveros papeis fisiolóxicos en funcións corporais, afectando a produción de lípidos, enerxía e vitaminas.[1][2][5] O ácido butírico favorece a saúde do intestino groso como fonte de enerxía primaria para os colonocitos, as células epiteliais do colon.[1][2] O fígado pode usar o acetato para obter enerxía.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 Brody T (1999). Nutritional Biochemistry (2ª ed.). Academic Press. p. 320. ISBN 978-0121348366. Consultado o 21 de decembro de 2012.
- 1 2 3 Canfora EE, Jocken JW, Blaak EE (outubro de 2015). "Short-chain fatty acids in control of body weight and insulin sensitivity". Nature Reviews. Endocrinology 11 (10): 577–591. PMID 26260141. doi:10.1038/nrendo.2015.128.
- 1 2 Wong JM, de Souza R, Kendall CW, Emam A, Jenkins DJ (marzo de 2006). "Colonic health: fermentation and short chain fatty acids". Journal of Clinical Gastroenterology 40 (3): 235–243. PMID 16633129. doi:10.1097/00004836-200603000-00015.
- ↑ Kuksis A (2000). "Biochemistry of Glycerolipids and Formation of Chylomicrons". En Christophe AB, DeVriese S. Fat Digestion and Absorption. The American Oil Chemists Society. p. 163. ISBN 978-1893997127. Consultado o 21 de decembro de 2012.
- ↑ Byrne CS, Chambers ES, Morrison DJ, Frost G (setembro de 2015). "The role of short chain fatty acids in appetite regulation and energy homeostasis". International Journal of Obesity 39 (9): 1331–1338. PMC 4564526. PMID 25971927. doi:10.1038/ijo.2015.84.
- ↑ Roy CC, Kien CL, Bouthillier L, Levy E (agosto de 2006). "Short-chain fatty acids: ready for prime time?". Nutrition in Clinical Practice 21 (4): 351–366. PMID 16870803. doi:10.1177/0115426506021004351.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artios
[editar | editar a fonte]- Ácido graxo de cadea media (AGCM ou MCFA), con colas alifáticas de 6 a 12 carbonos
- Ácido graxo de cadea longa (AGCL ou LCFA), con colas alifáticas de 13 a 21 carbonos
- Ácido graxo de cadea moi longa (AGCML ou VLCFA), con colas alifáticas de 22 ou máis carbonos






