Ácido adenilosuccínico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido adenilosuccínico
Identificadores
Número CAS 19046-78-7
PubChem 447145
ChemSpider 389122
MeSH Adenylosuccinate
ChEBI CHEBI:15919
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C14H18N5O11P
Masa molecular 463,294 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O acido adenilosuccínico é un nucleótido purínico orixinado pola adición de ácido aspártico á IMP. A pH celular está presente en solución acuosa na súa forma ionizada adenilosuccinato. O encima que cataliza esta reacción é a adenilosuccinato sintase (EC 6.3.4.4), que require a hidrólise simultánea dunha molécula de GTP[1]:

IMP + L-aspartato + GTP ⇌ adenilosuccinato + GDP + Pi.

O feito de que utilice a enerxía do GTP e non a do ATP permite que a reacción non sexa dependente do seu produto.

O adenilosuccinato intervén nunha reacción anaplerótica catalizada pola adenilosuccinato liase na que se forma fumarato:

adenilosuccinato → AMP + fumarato

Esta reacción ocorre na síntese de purinas e no ciclo dos nucleótidos purínicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Figuras 20.4 e 20.7 de Textbook of Biochemistry, with clinical correlations, 6ª Edición, Thomas M. Devlin, Ed., Wiley-Liss, Inc., New York, NY, 2006.