Àurea Rosa Clavé i Soler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÀurea Rosa Clavé i Soler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Aurea Rosa Clavé i Soler Editar o valor em Wikidata
29 de setembro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora , profesora de música , empresaria , pianista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGuillem Ferrer i Clavé (en) Traducir, Carles Ferrer i Clavé (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJosep Anselm Clavé i Camps Editar o valor em Wikidata

Àurea Rosa Clavé i Soler,[1] nada en Barcelona o 29 de setembro de 1856 e finada na mesma cidade o 4 de febreiro de 1940, foi unha directora, mestra e compositora de música catalá.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi filla de Isabel Soler Bosch e Josep Anselm Clavé, con quen aprendeu piano, música e dirección coral.[2][3][4] De feito, este iniciouna na música e, malia morrer cando a moza tiña dezaoito anos, fixo dela unha profesional. Este, ademais, dedicoulle a contradanza coreada titulada "Àurea Rosa".[5] Especúlase que ás veces era Àurea quen dirixía os Cors de Clavé cando el estaba indisposto.

Comezou a compoñer facendo algúns arranxos das pezas corais do seu pai para banda ou orquestra. A súa obra considérase esporádica, aínda que as obras que se coñecen foron estreadas. Crese que podería haber máis composicións inéditas.[5] Tamén foi profesora de piano no Conservatori Municipal de Barcelona. En 1882 foi elixida raíña dos Xogos Florais na 24ª edición do certame.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Conrad Ferrer i Fossà e tiveron tres fillos: Guillem, Carles e Magdalena.[7] Guillem Ferrer i Clavé foi violonchelista, profesor de música e contrabaixista. Carles Ferrer i Clavé foi director de coros, compositor e escritor.

Pertenceu á loxa Lealtad n. 6, a primeira Cámara de Adopción (masonaría feminina) de Barcelona, na que se iniciou en 1879.[8]

Frederic Soler "Pitarra", letrista dalgunha das súas composicións, finou o 4 de xullo de 1885. Inicialmente ía ser soterrado no Panteó de Cataláns Il·lustres, mais aínda non estaba rematado. Àurea Rosa, daquela, ofreceu o panteón familiar situado no Cemiterio Oriental para albergar temporalmente os restos. Con todo, non foi ata 1964 cando, por iniciativa de Manuel Franch, os restos de Pitarra foron trasladados ao Cemiterio do Suroeste.[9][10]

A disputa polo legado de Josep Anselm Clavé[editar | editar a fonte]

Josep Anselm Clavé fundou a Asociación General de Coros Euterpenses para apoiar o seu labor de divulgación musical. Trala súa morte en 1874 xurdiu unha disputa entre as sociedades corais e as herdeiras (Àurea e a súa nai) pola presidencia da organización. O conflito rematou coa fundación por parte de Àurea e a súa nai da súa propia entidade, a Asociación Euterpense, en 1887. A nova asociación tiña unha revista titulada El metronomo, dirixida primeiro por Josep Rodoreda e despois polo marido de Àurea, Conrad Ferrer. A revista, ademais de promocionar a asociación, tamén serviu para reclamar os dereitos de interpretación das obras de Clavé para as súas herdeiras, xa que daquela pertencían á sociedade coral creada polo mestre.

A Asociación General de Coros Euterpenses sostiña que Clavé creara as obras para os coros, non para as súas herdeiras. Àurea, quen se consideraba herdeira lexítima do legado, cambiou o nome da entidade por Asociación de los Coros de Clavé. As herdeiras de Clavé decidiron presentar unha denuncia e a xustiza deulles a razón, mais a sentenza nunca se chegou a executar. Finalmente, coa axuda do gobernador civil, chegouse a un acordo que satisfixo a ambas partes, polo menos moralmente.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

La maioría das súas obras seguen aínda perdidas e só se ten constancia da súa estrea a través de documentos.[3]

En 2008 atopouse a partitura de L'Agrahiment no arquivo musical da Sociedade Coral Erato de Figueres, cando se clasificou e ordenou este arquivo, con máis de 400 obras, para facelo accesíbel na rede. A obra levaba máis dun século desaparecida e volveuse representar.[12][13]

O Himne a França e La Font del Roure aparecen recollidos no inventario do fondo da Societat Coral Nova Gesòria, depositado no Arxiu Municipal de Sant Feliu de Guíxols.[12]

  • A la Luna (soprano e piano)
  • A la Verge (contralto, coro e piano)
  • Cena novíssima (marcha solemne para banda)
  • Himne a França (letra de Bonaventura Bassegoda i )
  • Íntimes (soprano e piano)
  • L'Agraïment, cantata à Barcelona (para coro -tres voces masculinas- e banda, con letra de Frederic Soler "Pitarra")[12][13]
  • La Font del Roure (1902)
  • La primavera (coro)
  • O vos omnes (voz, piano e harmonio)
  • Solfeo (dúas voces e orquestra)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En ocasións, Àurea Rosa Clavé aparecía mencionada na prensa da época coma Àurea Rosa Clavé de Ferrer. Porén, este Ferrer non formaba parte do seu nome de pía, senón que era o apelido que adoptara ao casar con Conrad Ferrer i Fossa (Llopis, Arturo (1 de abril de 1962). "Historia de una familia. José Anselmo Clavé y su recuerdo". La Vanguardia Española (en castelán) (Barcelona) (29804): 31. ) O segundo apelido de Àurea Rosa Clavé era Soler, pola súa nai, Isabel Soler i Bosch (Canadell i Rusiñol, Roger (setembro de 2012). Josep Anselm Clavé i l'escriptura: obra poètica i periodisme cultural [tese de doutoramento] (PDF) (en catalán). dirixida por Rosa Cabré Monné. Barcelona: Universitat de Barcelona. )
  2. "Àurea Rosa Clavé". Real Academia de la Historia (en castelán). 
  3. 3,0 3,1 Casares Rodicio, Emilio (coord.), ed. (1999). Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana (en castelán). Madrid: Sociedad General de Autores y Editores. p. 745 (vol. 3). ISBN 8480483032. 
  4. Palma, Victòria (21 de outubro de 2015). "Àurea Clavé, la veu d’una dona en cors d’homes". Femení i Singulars (en catalán). 
  5. 5,0 5,1 Elías de Molins, Antonio (1889). "Diccionario biográfico y bibliográfico de artistas catalanes". 
  6. "Novas". L'Avens: Lletras, Art, Ciencia (en catalán) (8). 1 de maio de 1882. p. 80. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  7. "Entusiasmo popular. La casa donde nació Clavé". La Vanguardia (en castelán) (15850) (Barcelona). 1 de xaneiro de 1917. p. 3. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  8. Ortiz Albear, Natividad (2007). Mujeres masonas en España. Diccionario biográfico (1868-1939). Escuadra y Compás (en castelán). Santa Cruz de Tenerife: Ediciones Idea. p. 166. ISBN 9788483821954. 
  9. Roig i Llop, Tomàs (maio de 2005). El meu viatge per la vida (1939-1975). Biblioteca Serra d'Or (340) (en catalán) (1ª ed.). Publicacions de l'Abadia de Montserrat. p. 119. ISBN 9788484157199. 
  10. "Los dos entierros de Frederic Soler, alias "Serafí Pitarra"". Custodia compartida: viajes y experiencias (en castelán). 22 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  11. Aviñoa, Xosé (coord.) (9 de xuño de 2000). Història de la Música Catalana, Valenciana i Balear (en catalán). Barcelona: Edicions 62. ISBN 9788429746884. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Solistes de l’Empordà interpreta una obra oblidada d’Àurea Rosa Clavé". Revista Musical Catalana (en catalán). 12 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 "Homenatge a l’obra oblidada d’Àurea Rosa Clavé". VilaWeb (en catalán). 27 de marzo de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2022.