Luís Seoane: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 93: | Liña 93: | ||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro| autor =María América Díaz| título =Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979 | ano =2004| publicación =Sada: Edicións do Castro| id = ISBN 84-8485-141-9}} |
* {{Cita libro| autor =María América Díaz| título =Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979 | ano =2004| publicación =Sada: Edicións do Castro| id = ISBN 84-8485-141-9}} |
||
* [[Víctor Fernández Freixanes|F. Freixanes, Víctor]] (1976). [http://image.anobii.com/anobi/image_book.php?item_id=011974365fc2baddd8 ''Unha ducia de galegos'']. Vigo. Galaxia. ISBN 84-7154-248-X. |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 12 de xullo de 2016 ás 21:29
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.
Traxectoria
Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno en 1916 a Galicia e instálase na Coruña.[1] Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.
De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en setembro de 1936 puido exiliarse a Buenos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.
En 1937 publica o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.
Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Editorial Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.[1]
Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.
Obra pictórica
A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.
A súa obra, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, foi exposta en lugares como Buenos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.
Obra escrita
Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.
Tamén se adicou á poesía e no 1977 Edicións do Castro publicou a súa obra poética completa.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1994
Obra en galego
Poesía
- Fardel d'eisilado (Buenos Aires, Ediciós Anxel Casal, 1952).
- Na brétema, Sant-Iago (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1956).
- As cicatrices (Buenos Aires, Editorial Citania, 1959).
- A maior abondamento (Buenos Aires, 1972).
- Obra Poética. Limiar de Basilio Losada. (Sada, Edicións do Castro, 1977).
Narrativa
- Tres follas de ruda e un allo verde (inédito). Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).
Teatro
- A soldadeira (Edicións do Castro). Publicada en tradución castelá: La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
- Esquema de farsa.
- O irlandés astrólogo (Edicións do Castro).
Ensaio
- Eiroa (Vigo, Galaxia, 1957).
- Castelao artista (Buenos Aires, Alborada, 1969).
- Comunicacións mesturadas (Vigo, Editorial Galaxia, 1973).
- George Grosz (Sada, Edicións do Castro, 1975).
- Textos encol da arte galega (Brais Pinto).
- Textos sobre arte galega e deseño (Vigo, A Nosa Terra).
- Luís Seoane. Teórico do deseño gráfico (Museo do Pobo Galego, 2010. Edición de Xosé Ramón Fandiño e Gloria López). Escolma de artigos sobre o deseño gráfico.
Gravados e debuxos con textos literarios
- Homaxe a un paxaro (A Coruña, Edicións do Castro, 1969).
- Retratos de esguello (A Coruña, Edicións do Castro, 1968).
- O meco (A Coruña, Edicións do Castro, 1963).
- O conde asesino de Sobrado (A Coruña-Buenos Aires, Ediciós Cuco-Rei, 1971).
- Figuraciós (A Coruña, Deputación da Coruña, 1990). Edición de Lino Braxe e Xavier Seoane.
Obra en castelán
Gravados e debuxos
- 13 Estampas de la traición, Buenos Aires, edición de autor, (1937)
- Homenaje a la Torre de Hércules, (1945), obra galardoada en Nova York xunto a Histoire Naturelle de Buffon que estaba ilustrada por Pablo Picasso [1]
Ensaio
- Arte mural. La ilustración, (Buenos Aires, Sudamericana, 1974).
2010: Ano Seoane
En 2010, conmemorouse o primeiro centenario do nacemento do intelectual galego.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Seoane |
Bibliografía
- María América Díaz (2004). Luís Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo 1957-1979. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-8485-141-9.
- F. Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo. Galaxia. ISBN 84-7154-248-X.
Ligazóns externas
- Escritores en lingua galega
- Escritores de Galicia
- Día das Letras Galegas
- Galegos da Arxentina
- Exilio galego
- Masóns de Galicia
- Personalidades do gravado
- Pintores de Galicia do século XX
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1910
- Finados en 1979
- Escritores en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Ensaístas
- Enciclopedistas de Galicia
- Xeración do 36