Rebelde Way: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1120316
site
Liña 19: Liña 19:
| derradeiro_episodio = [[18 decembro]] de [[2003]]
| derradeiro_episodio = [[18 decembro]] de [[2003]]
| número_de_episodios = 316 en 2 tempadas
| número_de_episodios = 316 en 2 tempadas
| páxina_web = http://www.rebeldeway.com/ Rebelde Way
| páxina_web = http://www.erreway.org/
| imdb_id =
| imdb_id =
| tv_com_id =
| tv_com_id =

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2014 ás 07:33

Rebelde Way
FormatoTelenovela xuvenil
Creado porCris Morena
IntérpretesBenjamin Rojas
Luisana Lopilato
Felipe Colombo
Camila Bordonaba
Diego García
Arturo Bonín
Tema de aperturaTiempo, Erreway
País de orixe Arxentina
Episodios316 en 2 tempadas
Produción
Duración50 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeCuatro
Formato de imaxe720p HDTV
Primeiro episodio26 de maio 2002
Derradeiro episodio18 decembro de 2003
Na rede
IMDB: tt0328789 Allocine: 7875 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]


Rebelde Way é unha serie arxentina que viu a luz o 26 de maio de 2002 na canle arxentina Azul TV, que despois pasou a chamarse Canal 9, ata agosto de 2003, cando se trasladou a América TV. Unha idea orixinal de Cris Morena e producido pola súa empresa, Cris Morena Group, e a israelí Yair Dori Internacional, agora Dori Media Group, ten un total de 316 capítulos divididos en 139 na primeira tempada e 177 na segunda tempada. A serie chegou ao seu fin en decembro de 2003, despois de arrasar por todo o país natal, gran parte de Latinoamérica e Israel.

Ademais da emisión no seu país de creación, a serie púidose ver en case toda Latinoamérica, Israel, Ucraína, Rusia, ademais outros moitos países de Europa central.

Argumento

Primeira Tempada

A serie conta as vivencias duns adolescentes estudantes internos nun colexio en Bos Aires, Arxentina, chamado Elite Way School destinado aos fillos das familias máis poderosas e con maior nivel adquisitivo do país. Por outra banda, existe un método de becas no cal o aspirante a ingresar na devandita institución realiza un exame, dependendo deste a súa incorporación ao establecemento. Non obstante, un grupo de estudantes cuxo único interese é marxinar e excluír aos becados, denominado A Loxia, realiza maquiavélicas trampas e demais estratexias para conseguir a expulsión destes.

A historia céntrase en catro estudantes do Elite Way School: Mía Colucci (Luisana Lopilato), Pablo Bustamante (Benjamín Rojas), Marizza Pía Spirito (Camila Bordonaba) e Manuel Aguirre (Felipe Colombo) que, por amor á música e a pesar das súas diferenzas, forman unha banda musical, Erreway, a escondidas dos profesores os cales tenta coartar a súa creatividade e capacidade de expresión.

Segunda Tempada

A segunda tempada comeza co regreso das vacacións de verán dos rapaces do Elite Way. A banda Erreway reafírmase, e fan concertos polo país coa ilusión de gravar un disco que os leve á fama.

Non poden estar ausentes as historias de amor e nesta tempada os amores e desamores son máis intensos ca nunca, os rapaces xa creceron e séntense diferentes. As parellas de Pablo e Marizza, Mía e Manuel, pasan por altos e baixos acadando que triunfe o amor por encima de todos os obstáculos.

Personaxes

Protagonistas

Personaxes secundarios

Rapaces:

Adultos:

Emisión en España

Rebelde Way comezou a emitirse en España en Localia no verán do ano 2005, na franxa horaria da media tarde. Simultaneamente tamén o fixeron cadeas de televisión por satélite, como ocorreu coa cadea xuvenil Jetix, de Dixital +.

Ante o éxito colleitado nesas cadeas e o recoñecemento da serie en países como Israel, comezou a emitirse en Cuatro o 13 de marzo do 2006 ás 15:30 con malos rexistros de audiencia. Ante isto, a canle nacional trasladou a serie ás mañás dos fins de semana. Ese mesmo verán a serie comezouse a emitir tódolos días nas mañás, obtendo magníficos resultados[Cómpre referencia].

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas