Esmirna: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:


[[Categoría:Cidades de Turquía]]
[[Categoría:Cidades de Turquía]]
*[[http://www.izmirde.biz/guía da cidade]]
*[[http://www.izmirde.biz guía da cidade]]


[[af:Izmir]]
[[af:Izmir]]

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2012 ás 09:20

Esmirna (en turco Izmir) é unha cidade de Turquía, a terceira maior do país tras Istambul e a capital Ankara. Importante porto do Exeo, sitúase no fondo do golfo de Izmir, na costa xónica de Anatolia. Conta con 2,8 millóns de habitantes (censo de 2010) e arredor de catro millóns na área metropolitana.

De longa historia, tivo un primitivo asentamento dende o terceiro milenio antes da nosa era nun promontorio, entón na costa, ao norte da cidade actual, que arredor do ano mil antes da nosa era foi reocupado por colonos de procedencia helénica (eolios). Acadou un gran esplendor no século VII aC coma vila portuaria adherida á Liga Xónica. Centro comercial, relixioso e cultural, foi o tempo no que puido acoller a Homero coma un dos seus habitantes.

Despois da destrución persa (545 aC), Alexandre Magno, que a reconquista dous séculos despois, manda reconstruíla coma gran polis helenística na aba do Monte Pagus, ao sur da primitiva situación, volvendo a recuperar a antiga prosperidade comercial baixo dominio romano.

Os turcos otománs a conquistaron definitivamente no século XV e novamente recuperou a súa importancia portuaria no século XVII, cando converteuse en cosmopolita centro do tráfico comercial con Europa occidental.