Conversa:5 de xaneiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A pouco esixentes que sexamos co concepto do que significa "acontecemento", hai aquí unha chea de feitos que son absolutamente irrelevantes e que non achegan valor histórico ningún. Máis: incluír entre as "Festas e celebracións" a cabalgata de Reis nas diferentes cidades, tal día como hoxe, 5 de xaneiro, paréceme absurdo. Ata na máis pequena aldea celébranse hoxe os Reis. Pedro --Lameiro 12:37, 1 agosto 2007 (UTC)

Debera revisarse a fondo a páxina, pois algúns nacen até en anos diferentes; eu por min borraría tais personalidades, que semellan algo irrelevantes (salvo sexa o seu desdobramento prodixioso), mais non estou autorizado para facelo - Montes, 29 outubro 2007, 12:32.

  1. Concordo en que necesita revisarse a fondo, tanto eliminando o que indica Lameiro mais enriba como o que indica Montes como outros temas, e.g.g: "O premio gordo da lotería do Neno, vendido en Canga de Narcea (Asturias)", "Plácido Domingo e Montserrat Caballé actúan xuntos en Madrid despois de 15 anos".... Enfin, que revision a fondo. Non entendo Montes porque dis "mais non estou autorizado para facelo", entendo que sí o estás igual que os demais wikipedistas, nonsi?---- Maañónoo (o que ho?) 11:52, 29 outubro 2007 (UTC)

Concordo coas tres opinións de arriba, hai que revisar a fondo. Adiante Montes, non sei porque dis que non estás autorizado. AlberteSi, digame? 14:27, 29 outubro 2007 (UTC)

Retiro distintas efemérides que non considero significativas. Tamén habería que eliminar moitos nacementos e mortes, pero non me atrevo porque descoñezo completamente quen pode se-la maioría desta xente (aínda así, saquei xa unhas cuantas). Pedro --Lameiro (conversa) 20:10, 23 decembro 2007 (UTC)