Osvobodilna Fronta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da OF.
Partisanos eslovenos no inverno de 1942.

Osvobodilna Fronta (Fronte de Liberación, en lingua eslovena), foi unha organización de partisanos que liderou a loita contra as forzas de ocupación alemás, italianas e húngaras en Eslovenia e nos territorios de lingua eslovena de Italia e o III Reich (principalmente en Carintia) durante a segunda guerra mundial.

Fundouse o 27 de abril de 1941, data na que se conmemora en Eslovenia o Día da Rebelión contra o Ocupante. Naceu como unha coalición de distintos grupos antifascistas e nacionalistas iugoslavos cun papel predominante dos comunistas de Tito. O seu símbolo incluía as letras OF sobre a Triglav, a montaña de tres cabezas, pico máis alto do territorio esloveno e símbolo do pan-eslovenismo empregado actualmente no escudo do país.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.