Ficheiro:MOSAICO DE DÉDALO E PASIFAE (DETALLE).jpg
Ficheiro orixinal (5.229 × 3.485 píxeles; tamaño do ficheiro: 16,31 MB; tipo MIME: image/jpeg)
Este ficheiro procede de Wikimedia Commons. A continuación móstrase a información da súa páxina de descrición. Commons é un repositorio libre de ficheiros multimedia. Pode contribuír alí cargando as súas imaxes. |
DescriciónMOSAICO DE DÉDALO E PASIFAE (DETALLE).jpg |
Este mosaico romano da primeira metade do s. III d. C. apareceu nas escavacións levadas a cabo en 1986 no solar nº 10 da Rúa Armañá de Lugo. Cubría o chan dunha grande habitación duns trinta e oito metros cadrados, posiblemente un triclinium (comedor). Ingresou no museo, como depósito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en setembro de 1995. O nome débello ao motivo mitolóxico da parte central, un emblema cunha representación figurativa do momento no que Dédalo lle entrega a Pasifae a vaca construída por el para que seducise ao touro branco do que estaba namorada. O termo mosaico aplícase xeralmente á técnica de decoración de superficies arquitectónicas con pequenas pezas talladas de forma máis ou menos semellante a un prisma, as teselas, que poden ser de pedra, vidro ou cerámica e asentadas nunha capa de xeso ou morteiro. O mosaico naceu cunha función utilitaria, para ser lavado con auga. O emblema está fixado sobre un cadrado de 1,85 m. de lado e está composto por teselas de pedras calcáreas de 0,5 cm. de lado (Opus Verniculatum). Destaca, en primeiro lugar, unha figura sedente, cuxa cabeza resulta irrecoñecible. Viste túnica cinguida con cinturón negro e calza caligas (sandalias propias do soldado romano) de media cana atadas con cordóns, aparenta sentado sobre unha cadeira de patas cadradas, ao lado da cal aparece unha especie de cesto con asas en cuxo interior se distingue unha gubia de carpinteiro enmangada e a boca e o molde dun xarro picudo. Sobre o borde do cestiño parece distinguirse un paxariño pousado e con ás semidespregadas. Diante desta figura a cabeza dun touro, coa cornamenta volta e as orellas erectas. Ao outro lado da gran figura sedente, da que só se conserva un fragmento central, na que se aprecia que viste unha túnica larga, a franxas verticais, de color ocre e amarelo e un manto cinguido ao tronco e o brazo dereito, polo que parece unha figura feminina. Por outra parte, no extremo dereito do recadro do emblema érguese unha construcción arquitectónica, que parece ser unha torre, en cuxa planta baixa aparece unha gran porta de arco de medio punto, na planta superior aparecen dúas ventas e por encima desta planta consérvanse os restos da representación da terceira.
|
||
Data | |||
Orixe | Flickr: MOSAICO DE DÉDALO E PASIFAE (DETALLE). | ||
Autoría | Álvaro Pérez Vilariño | ||
Licenza (Reuso deste ficheiro) |
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.0.
|
Elementos retratados neste ficheiro
representa a
14 marzo 2012
Historial do ficheiro
Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.
Data/Hora | Miniatura | Dimensións | Usuario | Comentario | |
---|---|---|---|---|---|
actual | 13 de xuño de 2012 ás 17:11 | 5.229 × 3.485 (16,31 MB) | Flickr upload bot | Uploaded from http://flickr.com/photo/92249242@N00/6988056999 using Flickr upload bot |
Uso do ficheiro
A seguinte páxina usa este ficheiro:
Uso global do ficheiro
Os seguintes wikis empregan esta imaxe:
- Uso en es.wikipedia.org
Metadatos
Este ficheiro contén información adicional, probablemente engadida pola cámara dixital ou polo escáner usado para crear ou dixitalizar a imaxe. Se o ficheiro orixinal foi modificado, poida que algúns detalles non se reflictan no ficheiro modificado.
Fabricante da cámara | Canon |
---|---|
Modelo da cámara | Canon EOS 5D Mark II |
Tempo de exposición | 1/80 segundos (0,0125) |
Número f | f/5,7 |
Relación de velocidade ISO | 100 |
Data e hora de xeración do ficheiro | 14 de marzo de 2012 ás 13:17 |
Lonxitude focal | 24 mm |
Resolución horizontal | 240 ppp |
Resolución vertical | 240 ppp |
Software utilizado | Adobe Photoshop Lightroom 3.6 (Macintosh) |
Data e hora de modificación do ficheiro | 16 de marzo de 2012 ás 21:10 |
Programa de exposición | Programa normal |
Versión Exif | 2.3 |
Data e hora de dixitalización | 14 de marzo de 2012 ás 13:17 |
Velocidade de obturación APEX | 6,321928 |
Apertura APEX | 5,021924 |
Corrección da exposición mediante APEX | 0 |
Modo de medida da exposición | Patrón |
Flash | Non se disparou o flash, disparo do flash desactivado |
Data da última modificación dos metadatos | 16 de marzo de 2012 ás 22:10 |
Identificación única do documento orixinal | 9438790F9A50EC154654F57F1C11DAA5 |
Versión IIM | 4 |