Émile Borel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉmile Borel

Borel en 1932
Biografía
Nacemento(fr) Félix Edouard Justin Émile Borel Editar o valor em Wikidata
7 de xaneiro de 1871
Saint-Affrique, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1956
París, Francia
Lugar de sepulturacemiterio de Saint-Affrique 43°57′44″N 2°53′17″L / 43.962215, 2.8880831 Editar o valor em Wikidata
236º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1934 – 31 de decembro de 1934
← Charles Robert RichetPierre Augustin Dangeard (pt) Traducir →
Presidente Association des anciens élèves, élèves et amis de l'École normale supérieure (en) Traducir
1932 – 1936
French Navy minister (en) Traducir
Q59710810 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancés
EducaciónUniversidade de París
Tese académicaQ66228453 Traducir Editar o valor em Wikidata (1893 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseGaston Darboux (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porTeoría da medida
Teoría da probabilidade
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, política
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , membro da resistencia francesa , esperantista , profesor universitario , político , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París
Universidad de Lille (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano, Radical e Radical-Socialista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAlguien (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJeanne Rouvière (en) Traducir e Georgios Remoundos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e esperanto Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Dienes, Henri Lebesgue, Paul Montel, Georges Valiron
Familia
CónxuxeCamille Marbo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPau Émile Appell (pt) Traducir (sogro)
Pierre Appell (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Premios
Médaille de la Résistance (1950)[1]

Félix Édouard Justin Émile Borel, nado en Saint-Affrique (Aveyron) o 7 de xaneiro de 1871 e finado en París o 3 de febreiro de 1956 foi un matemático[2] e político francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Borel naceu en Saint-Affrique, Aveyron, fillo dun pastor protestante.[3] Estudou no Collège Sainte-Barbe e no Lycée Louis-le-Grand antes de matricularse na École normale supérieure e na École Polytechnique. Aínda que puido entrar nas dúas, escolleu asistir á normal en 1889. Ese ano gañou o “concours général”, competición anual de matemáticas. Tras graduarse en 1892, quedou primeiro na "agrégation", exame de servizo civil que daba acceso ao posto de “professeur agrégé”. A súa tese, publicada en 1893, titulouse Sur quelques points de la théorie des fonctions ("Sobre varios puntos da teoría das funcións").

Ese mesmo ano Borel comezou un traballo de catro anos como profesor na Universidade de Lille, tempo durante o que publicou vinte e dous artigos. Volveu á École normale en 1897, e foi proposto para a cátedra de teoría de funcións, que mantivo ata 1941.[1]

En 1901 casou con Marguerite, de dezasete anos, filla do seu colega Paul Émile Appel; ela máis tarde escribiu máis de trinta novelas baixo o pseudónimo Camille Marbo. Émile Borel faleceu en París o 3 de febreiro de 1956.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Xunto con René-Louis Baire e Henri Lebesgue, Émile Borel foi un dos pioneiros da teoría da medida e a súa aplicación á teoría da probabilidade. O concepto de conxunto de Borel recibe este nome na súa honra. Un dos seus libros recolle o divertimento que entrou na cultura popular co nome de teorema do mono infinito. Tamén publicou unha serie de artigos (1921-27) que definiron por vez primeira os xogos de estratexia.[4]

En 1913 e 1914 fixo o salto entre a xeometría hiperbólica e a relatividade especial.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Nas décadas de 1920, 1930 e 1940 Borel foi activo na política. En 1922 fundou o Instituto de Estatística de París e entre 1924 e 1936 foi membro da Asemblea Nacional de Francia. En 1925 foi Ministro de Mariña no goberno do tamén matemático Paul Painlevé. Durante a segunda guerra mundial foi membro da Resistencia francesa.

Honores[editar | editar a fonte]

Ademais do Centre Émile Borel no Institut Henri Poincaré en Parés e do cráter da Lúa, levan o nome de Borel os seguintes conceptos matemáticos: álxebra de Borel, lema de Borel, lei dos grandes números de Borel, medida de Borel, paradoxo de Borel–Kolmogorov, lema de Borel–Cantelli, teorema de Borel–Carathéodory, teorema de Heine–Borel, suma de Borel, distribución de Borel.

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Chang, Sooyoung (2011). Academic Genealogy of Mathematicians. World Scientific. p. 107. ISBN 978-981-4282-29-1. 
  2. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2006. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  3. McElroy, Tucker (2009). A to Z of Mathematicians. Infobase Publishing. p. 46. ISBN 978-1-4381-0921-3. 
  4. "Émile Borel," Encyclopædia Britannica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]