Lixeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lixeiro
Autor/aIsmael Ramos
CubertaRamón Domínguez
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónPoesía
Xénero(s)poesía
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.2021
Páxinas54
editar datos en Wikidata ]

Lixeiro é un libro de poemas de Ismael Ramos publicado en 2021[1] por Edicións Xerais en papel e ePub.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Ismael Ramos, con Alba Cid, presentando Lixeiro na Libraría Paz de Pontevedra en xuño de 2021

Comeza cunha cita de Peter Handke: Ao final direi algo, un pouco

Son dúas partes:

  • I
  • Sucede
  • Ezequiel
  • Tres guineas
  • O futuro
  • O poeta soña cos seus amigos
  • O regreso
  • Pasear
  • Álvaro
  • Un poema novo
  • O rapaz do autobús
  • Setembro, madrugada
  • As aparicións
  • Mozo sentado
  • O meu corazón aos vinte e catro anos
  • Europa ou Así falou David
  • II
  • Unha postal
  • Estar atento
  • Tres vacas
  • A luz desta casa
  • Un suspiro
  • Tres notas sobre a pobreza
  • Tormenta
  • As últimas abellas do día
  • O niño de avespas
  • Perséfone ou A alegría
  • Unha vea
  • Reparación
  • As montañas
  • Visión

Notas e agradecementos: Algúns dos poemas do libro foron premiados en 2020 no certame Xuventude Crea. O libro de poemas foi escrito entre 2016 e 2020 e titulouse nalgún punto O libro dos amigos.[1]

Segundo a editora[3]:

«Lixeiro» é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira. Velaquí o latexo dun corazón novo.

Para Laura Martelo[4]:

Temáticas moi variadas como a amizade e o traballo comparten espazo con outros temas xa presentes na obra de Ramos, como as reflexións sobre o mundo rural e «esperar a algo que non chega», como apunta. Con todo, non pretende caer nunha visión pesimista de cara ao futuro, senón que reflexiona que «podes esperar, ou podes desesperar. O máis intelixente é traballar con esa expectativa, tes que traballar co que tes agora»... Os poemas teñen como referente e inspiración aos amigos de Ramos e ao que foi aprendendo mentres medraban xuntos. «Ten un propósito case xeracional»

O propio autor sinala nunha entrevista[5]:

Nun primeiro momento a intención era escribirlle aos meus amigos e de aí sae "Postal" que abre a segunda parte... É un libro de mudanzas con luz malia todo... É un libro que se sitúa no presente e que pretende tomar posición nun lugar non sempre agradable, por veces é desagradable, é incómodo para algúns... Busca falar de temas difíciles dun modo distinto... Sen querelo é un libro xeracional... Neste libro pesan tanto os fracasos coma os triunfos... O que é desa xeración que medramos na incerteza... Europa tamén está moi presente no libro, as viaxes, o sermos man de obra barata para o norte... É un libro que escribín para os meus amigos

En "Unha postal" di o poeta:

Dende aquí escoito o mar aínda que non o vexa. Escribo
postais nas que vos conto todo o que é moito máis triste do que
agardaba, menos verde (p.33).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ramos, Ismael (2021). Lixeiro. Vigo: Edicións Xerais. p. 54. ISBN 978-84-9121-893-7. 
  2. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-04. 
  3. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-07-04. 
  4. Martelo, Laura (2021-05-28). "Ismael Ramos: O poeta que explora o desencanto". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-07-04. 
  5. "Ismael Ramos "'Lixeiro' é un poemario que fala dos nosos fracasos xeracionais" CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-07-04.