Grillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Grillón (náutica).
Modelo con grillóns.
Grillóns taiwaneses.

Un grillón[1] é unha peza de ferro en forma de aro que serve para suxeitar unha cadea a algunha parte. Tamén se denomina así o obxecto consistente en dous aros, unidos por unha cadea, usado para suxeitar os tornecelos dos presos, a diferenza doutro similar para suxeitar os pulsos das persoas detidas ou presas, que recibe o nome específico de esposas.[2]

Uso tradicional dos grillóns[editar | editar a fonte]

Grillóns chineses.

Os grillóns foron utilizados desde tempos inmemoriais para impedir os presos que se moveran libremente, de xeito que pasaron a simbolizar a opresión, como se pode ler en La Marseillaise (o himno de Francia), no Himno da Independencia do Brasil ou no Manifesto Comunista de Marx e Engels.

Os grillóns foron utilizados para o transporte de escravos, nas galeras para manter os remeiros (moitos deles condenados) nos seus bancos, e cando os presos tiñan que desprazarse fóra das prisións ou penitenciarías.

Os grillóns como instrumento de tortura[editar | editar a fonte]

Grillóns en Stobo Kirk.

Un tipo especial de grillóns utilizáronse como instrumentos de tortura principalmente en Escocia, os Países Baixos e outros países do norte de Europa. Consistían nun colar de aceiro unido á parede ou a unha árbore por medio dunha cadea curta.

O aro metálico poñíase no colo do torturado, canda outros nos pulsos, asegurado cun cadeado.

A súa utilización máis común era na picota para delincuentes eclesiásticos ou civís.

Algúns casos deste tipo de tortura déronse aínda a principios do século XX en Escocia.

Sir Walter Scott fíxose cos grillóns que existían no Castelo Threave (situado en Dumfries e Galloway) e os colocou na porta principal da súa casa grande, Abbotsford House.[3]

Prohibicións[editar | editar a fonte]

En Europa, soamente os países de fóra da UE usan legalmente grillóns. Fóra de Europa, úsanse en numerosos países, incluídos os Estados Unidos de América.

Os grillóns na cultura popular[editar | editar a fonte]

Na banda deseñada os grillóns tornáronse a imaxe de marca dos Irmáns Dalton de Lucky Luke.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grillón.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esposas.
  3. Napier, George G. (1897): The Home and Haunts of Sir Walter Scott, Bart. Glasgow: James Maclehose. p. 153.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]