Uncyclopedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Desgalipedia»)
Logo da Uncyclopedia.

A Uncyclopedia é unha parodia da Wikipedia. O seu eslogan é "a enciclopedia libre de contido", oposto ao da Wikipedia, "a enciclopedia de contido libre". Fundada en 2005[1] como un wiki orixinalmente en inglés, o proxecto xa conta con versións en máis de 75 linguas. A versión en lingua galega, denominada Desgalipedia, foi creada o 17 de agosto de 2009. O seu logo, unha pataca oca, serve tamén de parodia do globo da Wikipedia.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Jonathan Huang, coñecido na rede como "Chronarion", fundou a Uncyclopedia o 5 de xaneiro de 2005, xunto a un compañeiro que tamén actuaba baixo o pseudónimo "Stillwaters".[2] Malia comezar como proxecto independente, a Uncyclopedia axiña encheu o seu servidor de aloxamento orixinal, e Huang tivo que buscar un novo. O 26 de maio de 2005, Angela Beesley, vicepresidenta de Wikia, Inc., anunciou que Wikia aloxaría a Uncyclopedia.[3] A transferencia da propiedade do dominio Uncyclopedia.org a Wikia levouse a cabo o 10 de xullo de 2006. A meirande parte das uncyclopedias noutras linguas seguiron albergadas nos seus propios dominios independentes, aínda que outras pasaron a formar parte de Wikia.com.[4]

Contido[editar | editar a fonte]

O contido da Uncyclopedia atópase baixo a licenza Creative Commons recoñecemento non comercial compartir igual 2.0. Ao igual que noutros sitios de Wikia, a base de datos dos artigos está completamente dispoñible para a súa descarga de balde.[5] Moitas das páxinas da Uncyclopedia conteñen unha ligazón cara ao correspondente artigo da Wikipedia cunha suxestión do tipo: "Para os usuarios sen sentido do humor, a Galipedia ten un artigo pouco fiable sobre...". De feito, o artigo da Uncyclopedia sobre a Wikipedia asegura que esta é unha parodia da Uncyclopedia, e non ao revés.[6]

Subproxectos[editar | editar a fonte]

A Uncyclopedia tamén ten varios proxectos secundarios.[1][7] Desde novembro de 2007, hai 12 proxectos,[8] cada un dos cales está especializado en satirizar diferentes informacións. Moitos deles derivan directamente e son análogos dos proxectos irmás da Wikipedia.

Uncyclopedia noutras linguas[editar | editar a fonte]

O concepto da Uncyclopedia en inglés foi adaptado e creáronse máis de 50 wikis con versións en diferentes linguas.[4] As primeiras uncyclopedias noutras linguas distintas do inglés creáronse en xuño de 2005. De todas elas, a primeira foi a versión en lingua francesa.[9]

Desgalipedia[editar | editar a fonte]

A Desgalipedia é a versión en lingua galega. Creouse o 17 de agosto de 2009.

Desciclopédia[editar | editar a fonte]

A Desciclopédia é a versión en lingua portuguesa. As máis de 55.000 páxinas fan que sexa a Uncyclopedia máis grande.[4] A súa fundación foi en agosto de 2005.[10]

Os proxectos secundarios da Desciclopédia contan co seu propio dominio. Entre eles destacan, Desnoticias, Descionário, Deslivros e Desentrevistas.

Inciclopedia[editar | editar a fonte]

A Inciclopedia é a versión en lingua castelá. Creouse en febreiro de 2006[11] para albergar os contidos retirados por culpa do peche da Frikipedia, un wiki pechado pola Sociedad General de Autores y Editores,[12] Malia isto, finalmente a Frikipedia volveu aparecer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 .net, ed. (03-05-2007). "The brains behind Uncyclopedia". Arquivado dende o orixinal o 01-12-2007. Consultado o 19-11-2007. 
  2. 2,0 2,1 Sankar, Anand (06-11-2006). "Surely, you must be jokin'!". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 25-02-2007. Consultado o 11-02-2007. 
  3. Beesley, Angela (26-05-2005). "Uncyclopedia joins Wikia". Wikia. Arquivado dende o orixinal (wiki) o 16-06-2006. Consultado o 18-07-2006. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Uncyclopedia Babel". Uncyclopedia. Arquivado dende o orixinal (wiki) o 23-05-2013. Consultado o 20-04-2008. 
  5. "Database download". Wikia. Arquivado dende o orixinal (wiki) o 28-03-2008. Consultado o 21-11-2007. 
  6. "Uncyclopedia article about Wikipedia" (wiki). Uncyclopedia. Consultado o 31-07-2010. 
  7. "Uncyclopedia:UnProject" (wiki). Uncyclopedia. Consultado o 19-11-2007. 
  8. "Template:Sisterprojects" (wiki). Uncyclopedia. Consultado o 03-11-2007. 
  9. "Template:Languages - History". Uncyclopedia. Consultado o 26-11-2007. 
  10. "Página principal - História". Desciclopédia (en portugués). Arquivado dende o orixinal (wiki) o 20-05-2013. Consultado o 28-12-2007. 
  11. "Inciclopedia". Wikia (en castelán). Arquivado dende o orixinal (wiki) o 14-04-2007. Consultado o 21-11-2007. 
  12. Pérez, Eduardo (22-02-2008). "La SGAE gana el juicio contra 'Frikipedia' por vulnerar el derecho al honor". Indymedia. Arquivado dende o orixinal o 19-05-2008. Consultado o 22-03-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]