Cansazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Canseira»)
Cansazo
(nome de síntoma)
Clasificación e recursos externos
"A costureira cansa", tela de Angelo Trezzini (1827-1904).
DiseasesDB30079
MedlinePlus003088
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cansazo,[1] tamén chamado canseira[2] ou fatiga,[3] é a falta de forzas despois de realizar un traballo físico, intelectual ou emocional, ou pola falta de descanso, mais tamén pode ser síntoma dunha doenza se non hai unha actividade previa que o xustifique.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Normal[editar | editar a fonte]

O cansazo adóitase presentar en situacións normais da vida por causa de aburrimento, infelicidade, desilusión, hastío, tedio, amolo, carencia de sono ou traballo duro. Neste caso trátase do cansazo considerado normal, xa que é unha resposta importante e normal tras un esforzo físico, tensión emocional, ou carencia de sono; e desaparece despois dun período adecuado de descanso. Tamén se pode definir como unha sensación subxectiva de falta de enerxía física ou intelectual ou de ambas.

Patolóxico[editar | editar a fonte]

O cansazo tamén é coñecido como astenia, esgotamento ou letargo.

Existe un cansazo patolóxico, anormal e desproporcionado que se presenta sen traballar de forma excesiva, e que é coñecido co nome de fatiga crónica. A fatiga crónica pode ser o síntoma que delata a un paciente hipotiroideo, porque as persoas con esta doenza séntense cansas ou esgotadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cansazo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canseira.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fatiga.