Campión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un campión (do latín tardío campio: vencedor dun combate) é alguén que triunfa en forma habitual, contra outros compoñentes nalgunha clase de competición.[1] O campión pode ser un individuo ou un equipo. O termo tamén é aplicábel aos animais, nos torneos disputados por estes, tales como as carreiras de cabalos ou as carreiras de galgos.

Nos deportes, é o que queda primeiro nun torneo ou competición de eventos programados. Por isto adóitanse coñecer como campionato. Porén, nun sentido amplo, o termo non é exclusivo dos deportes e pode aplicarse a calquera actividade que involucre a dous ou máis competidores e que determine ganadores e perdedores. Nalgunhas competicións, o campión adoita definirse nas instancias finais dun torneo onde debe bater a un opoñente que chegue nas mesmas condicións, tendo eliminado previamente aos demais competidores. O que resulte gañador desta contenda recibe o título de campión, mentres que o perdedor considérase como subcampión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-30.