Atentado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O atentado non ten un concepto moi sinxelo de dar: defínese como unha agresión ou desacato grave a autoridade, que tamén se considera coma unha ofensa a un principio de orde que se considera recto/a. Tamén é observado este concepto a través do dereito penal e do código civil coma unha agresión contra a vida ou a integridade física, psíquica e moral dunha persoa. Na actualidade téndese a espallar o termo ao delito que leva consigo a violencia e resistencia grave na contra das autoridades, axentes en servizo de funcións públicas (gardas, policías etc...), sen chegar a rebelión ou a sedición.

Exposicións[editar | editar a fonte]

Cando o atentado é realizado por persoas que portan sobre si algún tipo de obxecto capaz de ferir ou matar (independentemente do portador) a outras persoas soese considerar coma atentado suicida, este tipo de atentados acostuman carrexar ideoloxías de índole relixiosa, sectaria ou étnica. Pola contra adoita denominarse atentado terrorista a aquela agresión violenta contra a vida das persoas coa finalidade de crear un clima de inestabilidade política ou de terror.

O dereitos e as súas lexislacións recollen nos seus artigos unha serie de figuras delituosas tendentes a protección do principio da autoridade, fóra da nota está o común do ben xurídico protexido, falta a concordancia necesaria para dar unanimidade conceptual a esta variedade lexislativa. Nalgún país (ocorre en Inglaterra) o atentado non chega a ter consideración delituosa autónoma considerándose un delito común agravado "aggravated assault". É característica a evolución deste delito dende a antiga concepción, que consideraba a súa existencia en calquera ataque as autoridades; por estimar que estas persoas encarnaban de seu os atributos de mando de maneira permanente e inseparable, ata a posición moderna (que aparta a persoa da función) polo que só cando a ofensa vaia a esta derradeira pode considerarse coma atentado. Por esta razón, o delito é netamente intencional: precisa de intención ou ánimo de menospreza-la función pública.

Cando a violencia ou resistencia grave produzan resultados de lesións na persoa, aplicarase un concurso de delitos (por ser varios nos que aparecen): un, o constituído polo dano sufrido pola persoa como tal e o outro, o que se supón a ofensa a función autoritaria.

Dereito Penal[editar | editar a fonte]

O termo atentado ten no Dereito penal unha significación distinta a do linguaxe usual. Para o Dereito penal é o "nomen iuris" dunha específica figura delituosa: a integrada pola conduta de quen empregan violencia o resistencia graves contra as persoas que exercen unha función pública, cando estean no exercicio da mesma ou con ocasión dela. Aparece tipificada con distintos nomes no Código Penal europeo. A súa finalidade é a de dispensar unha protección especial a quen desempeñan funcións públicas, tanto en atención a mesma función como a persoa que a exerce. Nalgúns casos, esta tutela especial esténdese as persoas da familia da autoridade ou funcionario protexido. Non é un privilexio persoal, pois para a constitución do delito non basta coa condición especial, senón que precisase ademais que o ataque se realice no exercicio da función ou con ocasión da mesma, o que implica que o suxeito activo teña coñecemento dela.

O Código Penal español trata a materia (nos capítulos VI, III, II do libro H) de acordo coa doutrina dominante, a prolixa enumeración de tipos que o lexislador fai pode ser reducida as seguintes figuras:

  • A) Atentado propio, realizado "polos que acometen á autoridade, os seus axentes ou os funcionarios públicos, empreguen forza contra eles, os intimiden gravemente, ou lles fixesen resistencia tamén grave, cando estean exercendo as funcións dos seus cargos ou con ocasión delas" (artigo 231, 2° parágrafo). Aquí, con notable repercusión na pena a impoñer, pódense distinguir o tipo básico (integrado polo atentado contra os axentes da autoridade, os funcionarios públicos ou as persoas que acudisen no seu auxilio) e unha serie de tipos cualificados: 1) atentado contra a autoridade; 2) atentado contra os ministros; 3) atentado contra persoas que desempeñen misións ou cargos de especial transcendencia para a seguridade pública.
  • B) Atentado impropio, na realidade tratase de delitos de rebelión o sedición ( resistencia a autoridade) nos que non concorre alzamento. "Cometen atentado os que sen alzarse publicamente, fixesen uso da forza ou intimidación para algún dos fins sinalados nos delitos de rebelión ou sedición" (artigo 231, 1º parágrafo). A aplicación desta figura resulta imposible, porque o lexislador non sinala para ela pena algunha. Os supostos de "rebelión sen alzamento público" poden ser subsumidos na primeira cláusula do artigo 217, pero os de "sedición sen alzamento" que escapen as previsións do artigo 222, e non constitúan por si mesmos outro delito, terán de quedar impunes.
  • C) Atentado indirecto, que realizan os que acometen ou ameacen gravemente o cónxuxe, fillos ou devanceiros do Xefe de Estado, dos ministros, autoridades ou funcionarios que desempeñen misión ou cargo de especial transcendencia para a seguridade pública, sempre que a agresión ou ameaza tiver relación coas funcións, misión ou cargo desempeñado por aqueles (artigo 234).

A Lei orgánica 21/1986 do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade (no seu artigo 7, 2º parágrafo) converte os atentados contra axentes da autoridade (policías) do artigo 236 do Código Penal en atentados contra a autoridade do artigo 232 cando se empreguen na súa execución "armas de fogo, explosivos e outros medios de agresión de análoga perigosidade".

Principais grupos sospeitosos de cometer atentados[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Resto do Mundo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.