Anteollos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un ornitólogo utilizando uns anteollos.

Uns anteollos[1] son uns instrumentos ópticos monoculares empregados para ver de preto obxectos afastados. Comprenden un obxectivo óptico e outro ocular, xeralmente colocados nun tubo corredío. Diferéncianse dun telescopio terrestre en que este último ten maior alcance.

Aparecidos entre o século XVI e o XVII, a súa invención é atribuída a Juan Roget. Nos seus primeiros tempos, foron utilizados principalmente por mariños e naturalistas; aínda que, tamén serven para a observación ornitolóxica e, até certo punto, para as observacións astronómicas.

Miradoiro Yukon

Características[editar | editar a fonte]

Uns anteollos caracterízanse por:

  • O seu grao de aumento (ou de achegamento), designado por un multiplicador (20x, 30x etc.). Este denótase na literatura física como M, e é en realidade a magnificación angular dos anteollos, e é o negativo do cociente da distancia focal da lente obxectivo entre a distancia focal da lente ocular.
  • O seu diámetro. Unha lente de gran diámetro captará máis luz e proporcionará, por tanto, unha imaxe máis luminosa. Polo xeral, os modelos de gran diámetro son os máis pesados e os máis voluminosos.

Peculiaridades[editar | editar a fonte]

  • Nalgunhas ocasións pódense realizar anteollos cadrados. Isto só é posible grazas ao efecto de lentes focalizadoras de grande aumento.
  • A certos modelos pódeselles agregar un adaptador especial para cámaras fotográficas.

Tamén hai anteollos destinados para o público, instalados nalgúns sitios turísticos (polo regular, de pagamento), que permiten observar paisaxes e monumentos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2021-01-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]