Zumbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZumbi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1655 Editar o valor em Wikidata
Capitania de Pernambuco, Colónia do Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1695 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Quilombo dos Palmares Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Matar Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil
Quilombo dos Palmares Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfro-brasileiro(a) (pt) Traducir e povo africano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónAnimismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónCoroinha (pt) Traducir , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaPortugués do Brasil e Latín moderno Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Palmares (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDandara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMotumbo (pt) Traducir, Acaiuba Zambi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiSabina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Busto de Zumbi dos Palmares en Brasilia.

Zumbi, nado en Alagoas en 1655 e finado o 20 de novembro de 1695, foi o último dos líderes do Quilombo dos Palmares.

A palabra Zumbi, ou Zambi, vén da lingua africana quimbundo "nzumbi", e significa, "do outro mundo", "espírito".

Histórico[editar | editar a fonte]

O quilombo dos Palmares (localizado na actual rexión de União dos Palmares, Alagoas) era unha comunidade autónoma, un reino (ou república na visión dalgúns) formado por escravos negros que escaparan das facendas brasileiras. Ocupaba unha área próxima ao tamaño de Portugal e situábase no transpaís da Baía, hoxe estado de Alagoas. Naquel momento a súa poboación alcanzaba as trinta mil persoas.

Zumbi naceu libre en Palmares, Pernambuco, no ano de 1655, mais foi capturado e entregado a un misioneiro portugués cando tiña aproximadamente seis anos. Bautizado "Francisco", Zumbi recibiu os sacramentos, aprendeu portugués e latín, e axudaba diariamente na celebración da misa. Malia as tentativas de tornalo "civilizado", Zumbi escapou en 1670 e, con quince anos, retornou ao seu lugar de orixe. Zumbi foi coñecido pola súa destreza e astucia na loita e xa era un estratego militar respectábel cando chegou aos vinte e poucos anos.

Arredor de 1678, o gobernador da Capitanía de Pernambuco, cansado do longo conflito co quilombo de Palmares, aproximouse ao líder de Palmares, Ganga Zumba -tío de Zumbi-, cunha oferta de paz. Foi ofrecida a liberdade para todos os escravos fuxidos se o quilombo se submetese á autoridade da Coroa Portuguesa. A proposta foi aceptada mais Zumbi ollaba os portugueses con desconfianza. Recusou aceptar a liberdade para as persoas do quilombo mentres outros negros aínda eran escravizados. Rexeitou a proposta do gobernador e desafiou o liderado de Ganga Zumba. Prometendo continuar a resistencia contra a opresión portuguesa, Zumbi converteuse no novo líder do quilombo de Palmares (1680).

Case quince anos despois de asumir Zumbi o liderado, o bandeirante paulista Domingos Jorge Velho foi chamado para organizar a invasión do quilombo. O día 6 de febreiro de 1694, a capital de Palmares, Macaco, foi destruída e Zumbi ferido.

A pesar de haber sobrevivido, foi traizoado por Antonio Soares.

Zumbi foi sorprendido polo capitán Furtado de Mendonça no seu reduto (talvez a serra Dois Irmãos).

Apuñalado, resiste, mais é morto con 20 guerreiros, case dous anos despois da toma de Macaco, o 20 de novembro de 1695.

Foille cortada a cabeza, salgada e levada, co pene dentro da boca, ao gobernador Melo e Castro. En Recife, a cabeza foi exposta na praza pública, tentando desmentir a crenza popular sobre a lenda da inmortalidade de Zumbi.

No 14 de marzo de 1696 o gobernador de Pernambuco Caetano de Melo e Castro escribiu ao Rei: "Determinei que pusessem sua cabeça em um poste no lugar mais público desta praça, para satisfazer os ofendidos e justamente queixosos e atemorizar os negros que supersticiosamente julgavam Zumbi um imortal, para que entendessem que esta empresa acabava de todo com os Palmares."

Zumbi é hoxe, para a poboación brasileira, un símbolo de resistencia. En 1995, a data da súa morte foi adoptada como o día da Conciencia Negra.

É tamén un dos nomes máis importantes da Capoeira.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FREITAS, Décio: Palmares, a guerra dos escravos. Porto Alegre: Movimento,1973.
  • SANTOS, Joel Rufino dos: Zumbi. São Paulo: Moderna, 1985.
  • SCISÍNIO, Alaôr Eduardo: Dicionário da escravidão. Rio de Janeiro: Léo Christiano, 1997.
  • VAINFAS, Ronaldo (Org.): Dicionário do Brasil Colonial. Rio de Janeiro: Objetiva, 2000.
  • LEAL, I.S. & LEAL, A. : O menino de Palmares. Coleção "Jovem do Mundo Todo". Editora Brasiliense. 18ª edición (1988).
  • SANTOS, J.R. : Zumbi. Projeto Passo à Frente - Coleção Biografias. Editora Moderna (1988).

Outros artigos[editar | editar a fonte]