Zortziko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zorzico»)

O zortziko (en éuscaro "de oito" ou "oitava", pois as súas partes constan de oito compases) é un ritmo típico de baile popular tradicional en Euskal Herria, aínda que tamén é utilizado como ritmo para acompañar melodías cantadas (como por exemplo, versos). É unha das danzas do aurresku ou Danza Real.

Aínda que existen variantes en compás de 2/4 e de 6/8[1] o zortziko máis habitual escríbese como un compás de 5/8 (cinco por oito, ou cinco oitavos), no que o compás ten tres partes de distinta duración (compás de amálgama). A primeira parte corresponde a unha corchea e as dúas restantes a sendas negras. Algunhas teorías describen o zortziko como unha evolución dun compás de 3/4 deformado polos músicos con intención de seguir os pasos dos dantzaris.

O instrumento típico utilizado para executar os zortzikos é o chistu co tamboril.

Aínda que a súa orixe e difusión foi totalmente popular, algúns autores como Isaac Albéniz, Aita Donostia, Jesús Guridi, Joaquín Turina, Pablo Sorozábal ou José María Usandizaga utilizárono tamén para crear obras para banda, orquestra sinfónica ou piano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Azpiazu, José Antonio, Descripción de las diversiones públicas de Guipúzcoa y en particular de sus bailes. San Sebastián, 1858

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]