Zona fótica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A zona fótica, nos ecosistemas mariños e lacustres é aquela na que penetra a luz solar. A súa profundidade varía moito, dependendo do turba que sexa a zona.
Límite de profundidade [editar]
É chamada profundidade eufótica ou nivel de profundidade eufótica aquela na que a intensidade luminosa é reducida a o 1% da que penetrou na superficie, o límite por debaixo do cal non hai espazo para a fotosíntese. Algunha luz pode rexistrarse ata 700 ou máis metros de profundidade[Cómpre referencia], pero o límite da zona eufótica, con luz suficiente para a fotosíntese pode ser localizado a uns poucos decímetros en augas moi turbas de ríos e pantanos, ou a 200 m, que é o valor típico das augas oceánicas tropicais[Cómpre referencia], moi transparentes.