Zoe Porfiroxénita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zoe»)
Infotaula de personaZoe Porfiroxénita

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento978 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 1050 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Emperatriz bizantina
1042 – 1055
← Constantino VIIIMiguel VI Estratiótico → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloEmperatriz bizantina (1042–1050)
Byzantine empress (en) Traducir (1028–1041) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia macedônica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRomano III
Constantino IX
Miguel IV Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino VIII Editar o valor em Wikidata  e Helena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeodora Porfiroxénita e Eudokia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Porphyrogenita-3
Mosaico con Constantino IX, Xesús e Zoe

Zoe (en grego Ζωή, que significa "vida"), (c. 978 - xuño de 1050) emperatriz do Imperio bizantino con distintos coemperadores 15 de novembro de 1028 - 1050, e como emperatriz reinante do 19 de abril ao 11 de xuño de 1042.

Zoe foi unha das poucas emperatrices bizantinas que naceron na púrpura (é dicir, como fillas lexítimas dun emperador reinante). Era filla de Constantino VIII, que fora nomeado coemperador en 976 e emperador único en 1025. Este só reinou durante tres anos, entre o 15 de decembro de 1025 e o 15 de novembro de 1028.

Antes da súa morte, Constantino casou a Zoe co herdeiro que elixira Romano III Arxiro, eparca de Constantinopla, o 12 de novembro de 1028. Constantino confiaba en que Romano axudaría á súa filla Zoe a controlar o poder, pero Romano demostrou ser un marido moi pouco fiábel e un emperador inútil. En 1034 apareceu asasinado no seu baño. Zoe volveu casar inmediatamente, ata antes de que retirasen o seu cadáver do baño. O segundo marido de Zoe foi Miguel IV "o Paflagonio", que reinou ata a súa morte en 1041.

O seguinte coemperador de Zoe foi o seu fillo adoptivo Miguel V Calafates, sobriño do seu segundo marido, cuxo curto reinado só durou ata o ano seguinte. Durante dous meses en 1042, Zoe compartiu o goberno coa súa irmá Teodora Porfiroxénita, ata que puido atopar outro marido, o terceiro e último permitido pola Igrexa ortodoxa. A súa elección recaeu en Constantino IX Monómaco (reinado, 1042-1055), que a sobreviviu catro anos. Zoe morreu en xuño de 1050.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel V
Zoe Porfiroxénita
Precede a:
Constantino IX
Dinastía Macedonia