Zenón de Somodevilla y Bengoechea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato do Marqués da Ensenada.

Zenón de Somodevilla e Bengochea, nado en Hervías (A Rioxa), probablemente o 20 de abril (día de san Zenón) de 1702, e finado en Medina del Campo o 2 de decembro de 1781, mais coñecido co nome de Marqués da Ensenada, foi un político castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro artífice dun programa de despotismo ilustrado e o paradigma dos políticos que ian dirixir España polos seus méritos e non polos seus títulos. De orixes humildes, fillo dun fidalgo pobre rioxano, chegaría ser ministro de Facenda, Guerra e Indias co rei Fernando VI. Político fundamental na historia do século XVIII, serviu a tres reis: Filipe V, Fernando VI e Carlos III, hai que destacar del a reforma que tentou levar adiante sobre o sistema fiscal imperante, a magna averiguación catastral coñecida polo nome de Catastro de Ensenada, de maneira cos diferentes tributos que percibía o Estado unificáranse nun único imposto, proxecto saldado cun grande fracaso. A maior obra de Ensenada foi a a súa espectacular reorganización dos asteleiros e a construción de potentes buques de guerra. Tamén como político ilustrado destacou no impulso das obras públicas como a construción de canais - coma o de Castela- e a mellora de camiños (como o de Madrid ó Guadarrama e de Burgos a Santander).