Zeami Motokiyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Zeami Motokiyo (世阿弥), tamén chamado Kanze Motokiyo, nado en 1363 e finado en 1443, foi un actor e dramaturgo xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alén de ter escrito cerca de duascentas pezas Noh (xénero teatral que logrou estabelecer como forma artística prestixiada) deixou un conxunto de instrucións escritas para actores, de forma a transmitir a súa própia concepción da súa arte dramática. Os seus textos son vistos por moitos xaponeses como unha base fundamental das ideas nacionais sobre estética e cultura.

O seu pai, Kan'ami, tamén foi actor e educou a Zeami. Os dous son, sen dúbida, os maiores responsábeis polo estabelecemento do xénero dramático Noh no Xapón e da importancia que lle é hoxe concedido.

Cando a compañía de Kan'ami's actuou para Ashikaga Yoshimitsu, o Xogún do Xapón, este implorou a Zeami que o ensinase nesta arte. Despois de Zeami sucederlle ao seu pai, continuou a actuar e a adaptar o seu estilo até, sensibelmente, a forma que o teatro Noh ten actualmente.