Zaryn Dentzel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zaryn Dentzel
Nacemento8 de xuño de 1983
Lugar de nacementoSanta Bárbara
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónempresario e informático teórico
editar datos en Wikidata ]

Zaryn Dentzel, nado o 8 de xuño de 1983 en Santa Barbara (California), é o creador e presidente de Tuenti, unha popular rede social de ámbito estatal en España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1998, Zaryn aterrou en España con motivo dun intercambio de estudos. Cambiou California pola localidade estremeña de Cabeza del Buey, onde aprendeu a falar castelán. Tras cinco meses de estadía na península, volveu aos Estados Unidos onde acabou a escola secundaria e comezou a universidade. Alí comezou a interesarse polas redes sociais mentres mantiña o contacto cos seus amigos de España, e pensou que eles podían crear unha rede social. En 2006 volveu a España e xunto a Félix, Joaquín, Adeyemi e Kenny, púxose a traballar no que hoxe é Tuenti.

En 2011 Dentzel vivía en Madrid, onde Tuenti ten as súas oficinas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]