Zapatiño quieto é

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zapatiño quieto é é un xogo popular que se practica sen necesidade de ter ningún material. Un dos xogadores apanda e colócase contra unha parede e os demais detrás del a unha distancia predeterminada. Quen apanda repite a frase Zapatiño quieto é e cando remata de pronunciala pode darse a volta, co gallo de pillar ó resto de compañeiros movéndose. Cando estes son sinalados por quen apanda, volverán á distancia inicial dende onde partiron. Gaña quen chegue primeiro a quen apanda, e pasa entón a substituílo.

Outras expresións[editar | editar a fonte]

Outras frases que se poden recitar no canto de Zapatiño quieto é son:

  • Unha, dúas e tres, poliño inglés (que é outro dos nomes do xogo) [1]
  • Un, dous, tres, volta atrás quen move o pé [2]

Nomes noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • castelán: Un, dos, tres, chocolate inglés; Las estatuas de marfil; Escondite inglés; Un, dos, tres ¡pica pared!; Un, dos, tres, palito inglés; Un dos tres, queso
  • italiano: Un, due, tre, stella
  • catalán: U, dos, tres, pica la paret!
  • francés: Un, deux, trois, soleil
  • inglés: Red light/Green light

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez & Tabernero (1997:224)
  2. Cortizas (2001:75)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ricardo Pérez y Verdes e Xaquín Alberto Tabernero Balsa: Xogos populares en Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Lea (1997).
  • Antón Cortizas: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo: Edicións Xerais de Galicia (2001).