Zamburiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zamburiña
Chlamys varia brownish left valve.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Moluscos
Clase: Bivalvia
Orde: Pectinoida
Familia: Pectinidae
Xénero: Chlamys
Nome científico
Chlamys varia
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Descrición [editar]

A zamburiña (Chlamys varia) é un molusco bivalvo da familia Pectinidae. Ten forma asimétrica e coloración variable, en xeral uniformemente marrón, pero tamén pode ser purpúrea, branca, amarela, avermellada ou con vetas marmóreas.

É unha especie do Mediterráneo, o Atlántico, o mar do Norte e o mar Vermello, onde vive nas costas ata os 80 m de profundidade. Adoitan vivir pegadas ó substrato rochoso, raras veces soltas.

As cunchas son máis altas (ata 6 cm) que anchas e amosan ata 28 sucos, coas beiras dentadas.

Volandeiras (Aequipecten opercularis), ós lados, e zamburiña (Chlamys varia), no centro
Variedade con manchas marmóreas