Zalpa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zalpa ou Zabar, foi unha cidade hitita, probabelmente a capital do reino denominado Zalpuwa, na ribeira do mar (o mar Negro na rexión da clásica Amisos na desembocadura do moderno río Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar). É posíbel que fora Hattusilis I o rei que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro. Saqueouna e destruíuna. Unha teoría supón que un "gran rei" de nome Huzziyas, foi rei de Zalpa e exerceu unha certa hexemonía antes de Labarnas I (antes do -1700) pero acabou sometida por Hattusilis I uns anos máis tarde.

A cidade e o territorio de Zalpuwa serían conquistados polos kaska sobre o -1390, en tempo de Arnuwandas I.

Segundo Matthews & Glatz[1] poderíase corresponder coa actual Ikiztepe[2] ou con Oymaağaç na provincia turca de Samsun.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51-72. p, 69
  2. Négao Bajramovic, Gojko Historical Geography of Anatolia in the Old Assyrian Colony Period p.120, Museum Tusculanum Press, 2011 ISBN 8763536455