Zaira Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZaira Rodríguez
Biografía
Nacemento(es) Zaira Rodríguez Pérez Editar o valor em Wikidata
1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Cee, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cee Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Zaira Rodríguez Pérez, nada en Cee en 1974, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É diplomada en Traballo Social e licenciada en Socioloxía. Foi concelleira do PPdeG en Cee tralas municipais de 1999. Foi tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais cando ocupou a alcaldía Antonio Domínguez García. En 2011 foi candidata á alcaldía de Cee, quedando en segunda posición, e foi elixida deputada provincial e responsable da área de Normalización Lingüística da Deputación. O 1 de marzo de 2012 foi elixida alcaldesa de Cee logo dunha moción de censura presentada por PPdeG e BNG contra o alcalde independente Ramón Vigo Sambade[1]. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía ó verse superada polos independentes.

Polémica[editar | editar a fonte]

Rodríguez levantou unha polémica[2] a raíz dunhas declaracións[3] súas para o diario La Voz de Galicia referentes á súa responsabilidade á fronte da departamento de normalización lingüística da Deputación da Coruña.

Entrevistador: Entre sus áreas de trabajo, usted es la responsable de normalización lingüística. Puede parecer algo chocante en una persona que no habla gallego.
Zaira Rodríguez: Lo entiendo perfectamente y lo hablo a veces. En mi casa lo hablan, pero creo que cada uno es libre de elegir la lengua en la que se siente más cómodo.


Predecesor:
Ramón Vigo Sambade
 
Alcaldesa de Cee
 
2012 - 2015
Sucesor:
Ramón Vigo Sambade

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La popular Zaira Rodríguez, alcaldesa de Cee tras la moción de censura". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2012. 
  2. "Carta de ProLingua ao Presidente da Deputación da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 01 de marzo de 2012.  Arquivado 06 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
  3. Entrevista en La Voz de Galicia (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]