Zabumba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trío de forró pé-de-serra. O zabumbeiro é o da esquerda.

A Zambumba é un tambor confeccionado de pranchas de madeira coladas con veos alternados ou metal, no formato de caixas cilíndricas, tamén coñecido por zambumba, de medias e grandes dimensións e sonoridade grave, sendo tocado ou percutido por varetas, macetas ou baquetas, en superficie con unha ou dúas membranas estiradas nunha das bases, as cales, percutidas, producen sons indeterminados, moito usado para arcar o ritmo en determinados xéneros musicais.

A zabumba é un instrumento característico de ritmos nordestinos (do Brasil) como coco, xaxado, forró e xote. Co seu son grave marca o tempo forte da música. Marca tamén o contratempo debido á súa vareta chamada bacallau, que bate na pel inferior. O son grave funciona como unha especie de bombo de batería, encanto traballa o bacallau, que é unha especie de caixa.

A súa pel pode ser de coiro ou de nailon, sendo que este non presenta problemas con as afinacións provocadas pola temperatura.

O vocablo "zabumba" é utilizado tamén co significado de azar, ou unha reviravolta negativa na vida de alguén.