Zabranjeno Pušenje
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Zabranjeno Pušenje | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Saraievo, Iugoslavia |
| Período | 1981–1991 (Saraievo) 1996–Presente (Saraievo) 1997–Presente (Belgrado como No Smoking Orchestra) |
| Xénero(s) | Rock Punk rock Garage rock |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | [1] Grupo de Saraievo [2] Grupo de Belgrado |
Zabranjeno Pušenje (Prohibido fumar en serbocroata) foi un grupo musical de Saraievo, intimamente relacionado co movemento cultural do Novo Primitivismo que se deu polos Balcáns e o programa satírico de radio, e logo televisión, Top Lista Nadrealista, do que algúns membros foron partícipes. Foron un dos grupos máis populares de Iugoslavia no anos oitenta.
A banda naceu en 1981 en Saraievo, ao abeiro do punk rock e do new wave do momento, facendo un garage rock con influencias folk. Gravaron catro álbums até a chegada da Guerra de Bosnia. Logo, a parte do grupo serbia seguiu tocando en Belgrado, inicialmente co mesmo nome, despois baixo o nome de No Smoking Orchestra, e a parte bosnio-croata seguiu tocando co nome de Zabranjeno Pušenje no Zagreb.