Zabano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zabano (morto despois de 584) foi un nobre longobardo que foi duque de Pavía durante o Período dos duques (do 574 ao 584).
Índice |
Traxectoria [editar]
Como comandante militar viuse envolto na invasión longobarda do norte de Italia en 568, baixo o liderado do rei Alboíno, Zabano convértese en dux (duque) da cidade de Ticinum (Pavía)[1]. Xa capital do Reino Longobardo, tras a morte do rei Cleph Pavía quedou como centro dun gran ducado, un dos trinta e cinco nos que estaba dividido o estado dos longobardos.
No 575, Zabano guiou unha razzia no val do Ródano[2].
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum.
- Capo, Lidia (1992): Paolo Diacono, Storia dei Longobardi. Lorenzo Valla/Mondadori. Milán. ISBN 8804330104
- Hodkin,Thomas(1895): Italy and her Invaders.Clarendon Press.
- Jarnut, Jörg (2002): Storia dei Longobardi. Einaudi. Turín. ISBN 8846440854.
- Rovagnati, Sergio (2003): I Longobardi. Xenia. Milán. ISBN 8872734843.