Zúric - Zürich

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Zúric
Escudo de Zúric Situación de Zúric en Suíza
Situación
Fotografía de Zúric
País Flag of Switzerland.svg Suíza
Cantón Bandeira de Zúric Zúric
Distrito Ch zh logo kanton sk.png Zúric
Nome
Nome oficial Zürich
Francés Zurich
Italiano Zurigo
Romanche Turitg
Xeografía
Superficie 91,88
Altitude
 • Máxima
 • Mínima
408 m
871 m (Uetliberg)
392 m (Limmat)
Poboación
Poboación 361.129 (2008)
Densidade 10.180 hab/km2
Xentilicio Zuriqués
Lingua Alemán
Información
Código postal 8000 - 8099
Alcalde Corine Mauch (SPS)
Sitio na web www.stadt-zuerich.ch

Zúric (en alemán: Zürich, en latín Turicum) é unha cidade de 364.174 habitantes (1,08 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande de Suíza, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).

Índice

[editar] Xeografía

Zúric sitúase no límite setentrional do Lago de Zúric, onde o río Limmat abandona o lago. Un pouco máis ao norte, no maior parque da cidade, o Platzspitz, o río Sihl, procedente do suroeste, desauga no Limmat. No oeste da cidade exténdese o val do Limmat. Ao norte, Zúric crece sobre os montes Zürichberg e Käferberg, até chegar ao val do Glatt. No limite oriental encóntranse os montes Adlisberg e Uetliberg. A superficie do municipio é de 91,9km².

Concellos limítrofes

Os concellos que limitan con Zúric son: Kilchberg, Adliswil, Stallikon, Birmensdorf, Uitikon, Schlieren, Oberengstringen, Regensdorf, Rümlang, Opfikon, Wallisellen, Dübendorf, Fällanden, Maur e Zollikon.

[editar] Economía

Zúric é o centro comercial, económico e financeiro do país helvético. Compañías como USB, Credit Suisse, Swiss Re e moitas outras institucións financeiras (sobre todo bancos e aseguradoras) teñen as sedes centrais nesta cidade. O sector financeiro aporta máis da cuarta parte da actividade económica da cidade, favorecida pola lexislación nacional de secreto bancario. A Bolsa de Suíza (SWX Swiss Stock Exchange) tamén está localizada en Zúric. Esta cidade é un centro financeiro de primeiro nivel mundial e repetidas veces foi proclamada cidade con mellor calidade de vida no mundo.

[editar] Demografía

Zúric conta oficialmente con 376.815 habitantes (a data de 31 de decembro de 2007), sendo a cidade máis poboada do país. O 30,6% dos habitantes da cidade non posúen a cidadanía suíza, o que fai un número total de 115.379 persoas.[1]

Centro da cidade

Os cidadáns alemáns constitúen o grupo estranxeiro máis numeroso de Zúric co 22%, seguido dos inmigrantes de Kosovo, Albania e Italia.[2] Con todo, a área metropolitana (incluídas as cidades de Winterthur, Baden, Brügg, Schaffhausen, Frauenfeld, Uster/Wetzikon, Rapperswil-Jona e Zug) teñen unha poboación conxunta de ao redor de 1,68 millóns de habitantes.[3]

O idioma oficial empregado polo goberno e a maior parte da prensa é o alemán, mentres que o dialecto máis comunmente falado en Zúric é o Zürichdeutsch (alemán de Zúric), que é un dialecto do alemán de Suíza. O alemán é a lingua materna do 77% da poboación. O italiano é a segunda lingua nativa máis común, representando o 4,7% da poboación. Outras linguas con presenza relevante son o albanés (3,6%), linguas da antiga Iugoslavia 2,4% (inclúe serbio, croata, macedonio e esloveno), español (2,2%) (a maioría co galego como lingua materna), francés (2,1%), inglés (1,8%) e portugués (1,6%)[4]

No tocante á relixión, dende a reforma de Ulrico Zuinglio, Zúric permaneceu como centro do Protestantismo en Suíza. Porén, no século XX os católicos consagráronse coma o meirande grupo relixioso da cidade, cun 33,3%, mentres que o número de habitantes que se declaran non relixiosos non para de medrar (un 16,8% en 2000).[5] Por outra banda, o nivel de desemprego en Zúric era do 2,6% (en agosto de 2007). Ao redor dun 4% da poboación (15.500 persoas) viven directa ou indirectamente do subsidio do estado (abril de 2005).[6]

Catedral de Grossmunster, Zúric

[editar] Notas

Ferramentas persoais