Yunclillos
| Yunclillos | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Castela-A Mancha |
| Comarca: | A Sagra |
| Xeografía | |
| Altitude: | 517 msnm |
| Superficie: | 31 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 813 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 26,23 hab./km² |
| Xentilicio: | Yunclillejo, ja Yunclillero, ra |
| Información | |
| Código postal: | 45591 |
| Alcalde: | María Jesús Redondo Bermejo (PP) (2011) |
| Sitio na web: | www.yunclillos.com |
Yunclillos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Recas, Villaluenga de la Sagra, Cabañas de la Sagra, Olías del Rey e Bargas, todas de Toledo.
Índice |
Toponimia [editar]
"Yunclillos" podería ser un diminutivo de Yuncos, mais en documentos mozárabes de 1161 aparece co nome de "Onclelos" e "Oclelos". Segundo estes nomes, Yunclillos podería ser un diminutivo de fonte.
Xeografía [editar]
Sitúase xeograficamente na parte máis occidental da comarca da Sagra, comarca esta limitada por este flanco polo río Guadarrama e polo Texo.
Yunclillos está preto da cidade de Toledo, a unha distancia de 21 km en dirección sur. Polo norte, Madrid fica a uns 60 km aproximadamente.
Demografía [editar]
Evolución da poboación de Yunclillos desde 1900.

Monumentos de interese [editar]
A destacar a igrexa parroquial de San Andrés.
Festas [editar]
- Semana cultural da muller. Comezan o 16 de maio.
- 16 ao 18 de xullo. Festas da Virxe do Carme.
- Segundo ou terceiro domingo de setembro. Festas da Virxe da Saúde.
- 30 de novembro. San Andrés.