Yukihiro Matsumoto
Yukihiro Matsumoto, chamado Matz, nado o 14 de abril de 1965, en Tottori, en Honshu occidental, é un científico da computación e programador de software libre, principalmente coñecido por ser o principal deseñador da linguaxe de programación Ruby.
Foi un programador autodidacta ata o final da secundaria. Graduouse en ciencias da información na universidade de Tsukuba, onde se meteu no departamento de investigación sobre linguaxes de programación e compiladores. Dende 2006 Matsumoto é o xefe do departamento de investigación e desenvolvemento no Network Applied Communication Laboratory, e nunha compañía de integración de sistemas de código aberto na prefectura de Shimane.
Está casado, ten catro fillos, e durante algúns anos moi misionero mormón.