Iubitsume
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Yubitsume (Xaponés 指詰め, literalmente, "acurtamento de dedo") é un ritual xaponés para compensar polas ofensas feitas a alguén, unha forma de ser castigado ou de desculparse sinceramente ante alguén, mediante a auto amputación de seccións do dedo maimiño de un. É un ritual practicado case con exclusividade pola Yakuza, a mafia xaponesa.
O acto de realizar o yubitsume es chamado yubi o tobasu, que significa "fixo saltar o seu dedo".
[editar] Orixe
Pénsase que o ritual probablemente se orixinou cos bakuto, xogadores itinerantes que foron os predecesores da Yakuza moderna. Se unha persoa non podía pagar a súa débeda de xogo, ás veces o yubitsume era aceptado coma un método alternativo de pago.
No arte da espada xaponés, o dedo maimiño é o que máis forte aperta sobre a empuñadura, polo que un amputado do dedo maimiño non podía empuñar a súa espada correctamente e estaba en desvantaxe na batalla.