Yuan Shu-chi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yuan Shu-chi

Yuan Shu-chi (nacida o 9 de novembro de 1984) é unha arqueira olímpica da República da China.

Representou á República da China nos Xogos Olímpicos de 2004, nos cuartos de final venceu a Yun Mi Jin de Corea do Sur, na semifinal a súa rival foi a tamén coreana Lee Sung Jin, perdeu e pasou a loitar polo bronce coa británica Alison Williamson, á que tampouco foi capaz de vencer, quedando cuarta e fóra das medallas. Así e todo Yuan foi medalla de bronce na competición por equipos, xa que China Taipei quedou terceira nesa competición.