You Shall Be as Gods

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

You Shall Be as Gods: a radical interpretation of the Old Testament and its tradition (Seredes como deuses) é un libro de Erich Fromm publicado en 1966. Nel fala do Antigo Testamento, do concepto de Deus e do home, e dos Salmos.

Resumo[editar | editar a fonte]

Segundo Fromm, parece ser que o Antigo Testamento expresa vinganza e xustiza en comparación co Novo Testamento que expresa amor e misericordia. O Antigo Testamento é un libro abirragado escrito, editado e compilado e recompilado por moitos no curso dos milenios, é un libro revolucionario, principio de todas as seitas cristiáns revolucionarias. O Antigo Testamento é o documento, que segundo Fromm, narra a evolución dunha nación pequena e primitiva, onde había un deus sen nome e onde había ídolos. Hai dúas correntes que o seguiron: A biblia cristiá e a secuencia xudía.

Fromm fala tamén sobre o concepto de Deus; di que é unha expresión poética do valor máis alto do humanismo, e que non é unha realidade. Tamén di que hai distintos aspectos ou comportamentos de Deus, dous tipos, o Deus de Abraham e o Deus de Isaías, un parece un líder dunha tribo nómade e o outro un pensador universalista. Explica que hai unha evolución de Deus, a evolución dun Deus xefe tribal o concepto dun Deus sen nome a outro Deus celoso de Abrahan que continua ata o Deus de Maimónides. Tamén analiza a experiencia e non a contextualización, analiza a experiencia teística e doutra non teística que a denomina experiencia x.

Fromm despois analiza o concepto de home; na Biblia dise que este está feito a imaxe e semellanza de Deus e explica varias cuestións como que o home pode chegar ao nivel de Deus pero que este pode impedirllo. Fala sobre outros personaxes que achegan información sobre Deus e o home como o Rabí Jananías ben Hajinai, Rabá, do Talmud. Tamén fala da natureza da evolución do home, de Adán e Eva, e aspectos desta evolución como o home pode desafiar a Deus.

Fromm analiza tamén o concepto de Historia dende varios puntos:

  • Sobre a posibilidade da evolución, despois da caída de Adán.
  • O home como facedor da súa historia, coa morte de Moisés e co fracaso da revolución contra a servidume e a idolatría, neste apartado tamén fala do papel de Deus que é enviar aos seus profetas que teñen unha cuádrupla función.
  • O concepto bíblico do tempo mesiánico, despois da expulsión do Paraíso que segundo Fromm é a idade de ouro no pasado e da chegada do tempo mesiánico, que el di que é a idade de ouro no futuro coa chegada dun elixido.
  • O desenvolvemento postbílico do concepto mesiánico, aquí Fromm analiza as función dun mesías, un salvado ou elixido e do seu concepto.
  • O paradoxo da esperanza, ao analizar o concepto mesiánico, coa chegada de estalidos desesperados de esperanza, que ás veces atraen a un falso mesías.

Logo, Fromm analiza o concepto de pecado e arrepentimento, falando da Biblia e do Antigo Testamento, como os que rexen as normas e como os homes as representan, e el analiza se son pecado dende varios aspectos e preguntas. No seguinte punto(V) discute sobre o camiño: Halajá, a lei xudía, aquí Fromm compara a tradición bíblica e tradición xudía, falando das súas naturezas, a da xudía, é o significado da palabra torah e a da bíblica os dez mandamentos.

A obra remata falando dos Salmos, acaba só tratando sobre a Biblia, di o que son e como se representaban, explica a razón de porque acaba así a obra: unha debido a que estes convertéronse no libro de oración máis popular para os xudeus e convertéronse na expresión de esperanzas e temores do home. Despois analiza as actitudes psíquicas que se encontran do Salterio, que é un enfoque moi diferente do adoptado pola literatura crítica que trata dos Salmos, que despois tamén analiza e compara.