Yosyf Rutskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Йосиф Велямин Рутський
(Yosyf Veliamyn Rutskyi)
Metropolita da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento1574
Pasamento5 de febreiro de 1637
Ordes
Consagración episcopalXuño de 1613, por Ipatii Potii
Metropolita de Kíiv e Galicia
1613 - 1637
PredecesorIpatii Potii
SucesorRafail Korsak
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Yosyf Veliamyn Rutskyi (en ucraíno: Йосиф Велямин Рутський; en polaco: Józef Welamin Rucki[1]; en belaruso: Іосіф Вельямін Руцкі[2]), nado en 1574 en Ruta (hoxe no distrito de Navahrudak, Belarús) e finado o 5 de febreiro de 1637, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1613 até a súa morte en 1637.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ruta, preto de Navahrudak (entón parte do Gran Ducado de Lituania, hoxe en Belarús), nunha familia orixinalmente ortodoxa mais conversa pouco despois ao calvinismo. Comezou os seus estudos en escolas calvinistas de Niasviž e Vilnius. Arredor de 1590, cando estudaba na Universidade Carolina de Praga e baixo influencia dos xesuítas, converteuse ao catolicismo, adoptando o catolicismo latino. Entre 1593 e 1596 estudou Filosofía na Universidade de Würzburg, e a partir de 1603 no Colexio Grego de Santo Atanasio de Roma. A petición de Clemente VIII, pasou ao rito bizantino.

A súa volta a Lituania, traballou en Vilnius (entón principal sé da Igrexa ucraína) xunto ao metropolita Ipatii Potii, e alí fundou unha escola de preparación para o sacerdocio. Entre 1605 e 1606 viviu en Moscova co legado papal Paulo Simeón, e á súa volta a Roma presentou ao papa Paulo V un programa de reforma relixiosa da Igrexa católica ucraína. Á súa volta a Vilnius ingresou no mosteiro da Santa Trindade (1607), onde foi ordenado e tomou o nome relixioso de "Yosyf" (1608). En 1613 foi consagrado bispo, e á morte de Ipatii Potii foi nomeado metropolita.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bulhakaŭ, Valer (2006). Geopolityczne miejsce Białorusi w Europie i świecie. p. 11. ISBN 978-83-60694-02-2. 
  2. Беларускія пісьменнікі: Івашын-Кучар. Бел. энцыклапедыя ім. Петруся Броўкі. 1994. p. 16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ipatii Potii
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1613 - 1637
Sucesor:
Rafail Korsak