Linguas yolŋu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Yolŋu Matha»)
Linguas yolŋu
Outros nomes:Yuulngu
Falado en: Australia
Rexións: Territorio do Norte
Total de falantes:
Familia: Australiana
 Pama-nyungana
  Linguas yolŋu
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas yolŋu (yolŋu matha: lingua da xente) son un grupo de linguas dos yolŋu, un pobo aborixe australiano que habita no nordeste de Terra de Arnhem, no norte de Australia.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Os filmes Ten Canoes (2006) e Charlie's Country (2013), ámbolos dous dirixidos por Rolf de Heer e protagonizados polo actor David Gulpilil, conteñen diálogos en linguas yolŋu. Ten Canoes foi a primeira longametraxe rodada completamente nunha lingua aborixe australiana, estando o diálogo na variedade ganalbiŋu de yolŋu matha.

Geoffrey Gurrumul Yunupingu foi un popular cantante australiano que cantaba no dialecto gumatj de yolŋu matha, así como o grupo de rock aborixe Yothu Yindi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]