Yokosuka P1Y
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Yokosuka P1Y Ginga | |
|---|---|
| P1Y Ginga | |
| Tipo | Bombardeiro |
| Fabricante | Yokosuka |
| Primeiro voo | agosto de 1943 |
| Construídos | 1.002 ou 1.098 |
O Yokosuka P1Y Ginga (en xaponés vía láctea) foi un bombardeiro xaponés da Segunda Guerra Mundial. Foi deseñado como bombardeiro de grande velocidade, pero tamén usouse como caza nocturno, avión de recoñecemento e torpedeiro. Voou por primeira vez en agosto de 1943. O seu alcume por parte dos aliados foi "Frances".
Foi deseñado polo arsenal de Yokosuka segundo especificacións da armada pedindo unha velocidade coma a do Zero, un alcance coma a do G4M, 907 quilos de bombas, e a habilidade de bombardeo en picado, así como a capacidade para levar torpedos. Como resultado o seu deseño foi complexo, foi difícil de fabricar e as súas prestacións en servizo foron pobres. Problemas co motor Nakaima Homare acelerou a súa substitución polo Mitsubishi Kasei.