Yohan Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yohan Blake

Yohan Blake (Parroquia de Saint James, 26 de decembro de 1989), é un atleta xamaicano de velocidade. Gañou unha medalla de ouro nos relevos de 4x100 metros nos Xogos Olímpicos de 2012 amáis de dúas medallas de prata, nos 100 e 200 metros. É conocido como, A Besta.

A mellor marca persoal de Blake nos 100 metros é de 9.69 segundos o que o convirte, xunto a Tyson Gay, no home máis rápido do mundo despois de Usain Bolt. A súa mellor marca para os 200 metros (19.26 segundos) é a mellor despois de Bolt. Ten o récord nacional xuvenil nos 100 metros e é o velocista máis xoven en romper a barreira dos 10 segundos (aos 19 anos e 196 días).

En 2009, xunto con outros tres velocistas foi suspendido por tres meses tras dar positivo cunha substancia similar a un estimulante prohibido. Foi adestrado por Glen Mills, os seus compañeiros de adestramento son Usain Bolt e Daniel Bailey.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Chegou a St. Jago High School unha cidade onde o primeiro deporte era o cricket. Blake era un xogador de bolos, e foi só despois de que o director da escola vise o rápido que correu a unha ventanilla, que lle insistiu en que se dedicase á velocidade.

Junior[editar | editar a fonte]

Blake marcou o mellor tempo e estableceu un novo record junior nos Xogos CARIFTA celebrados no Turks e Caicos en 2007, onde tamén levou ao seu equipo ao ouro nos relevos 4x100 metros. Nesta ocasión, foi galardoado con Trofeo Austin Sealy ao atleta máis destacado do campionato.

No 2008 cando se lle preguntou a Usain Bolt se había algún velocista que o puidese desafiar, Bolt sinalou ao seu compañeiro de adestramento, Blake, decindo: Ten coidado con Yohan Blake, traballa como unha besta. El está alí comigo paso a paso no adestramento.

Blake gañou a carreira dos 100 metros "B" no 2009 Reebok Grand Prix. As súas fazañas na Golden Gala en xulio, representou unha clara mellora no seu rendemento. Demostrou ser un serio competidor no nivel superior: tomou o terceiro lugar despois de Tyson Gay e Asafa Powell e mellorou a sua marca persoal rompendo a barreira dos 10 segundos cunha marca de 9.96 segundos, convertíndose no atleta mais xoven a facelo. Mellorou a 9.93 segundos tomando o terceiro lugar tralos seus compañeiros de adestramento, Bolt e Daniel Bailey na Asamblea Areva.

Prohibición de drogas[editar | editar a fonte]

Antes do Campionato do Mundo de 2009, Blake (xunto con Marvin Anderson e Sheri-Ann Brooks) deu positivo para o estimulante 4-Metil-2-hexanamina. Unha comisión disciplinar organizada pola Comisión Antidopaxe de Xamaica (JADCO) exonerouno dunha infracción de dopaxe alegando que a droga non estaba na lista da Axencia Mundial Antidopaxe. Pero a JADCO apelou o fallo da súa propia comisión,indicando que o atleta debía ser sancionado posto que o fármaco tiña unha estrutura similar á substancia prohibida tuaminoheptano. O tribunal de apelación decideu que a prohibición sería apropiada, e Blake e os outros tres velocistas recibiron unha sanción de tres meses de suspensión.